Saltar ao contido

Luís Menor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuís Menor
Biografía
Nacemento1964 Editar o valor en Wikidata (59/60 anos)
O Pereiro de Aguiar, España Editar o valor en Wikidata
Senador de España
23 de xullo de 2023 – 31 de agosto de 2023
Presidente da Deputación de Ourense
2023 –
← José Manuel Baltar Blanco
Alcalde do Pereiro de Aguiar
2019 –
← Eliseo Fernández Gómez
Deputado provincial
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidad Nacional de Educación a Distancia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, funcionario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata
Membro de

Luis Menor Pérez, nado no Pereiro de Aguiar en 1964, é un avogado, funcionario e político galego do PPdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Diplomado en Educación pola Universidade de Santiago de Compostela, licenciouse despois en Dereito na UNED. Posteriormente realizou cursos de especialización en criminoloxía.[1] Laboralmente, iniciouse traballando como axente xudicial na década dos 80, onde foi medrando primeiro a oficial de xustiza e posteriormente a secretario de xulgado, posto que acadou en 2009. Nese mesmo ano comezou a traballar en cargos de libre designación da Administración, nomeado polo Partido Popular de Galicia: primeiro foi escollido xefe territorial da consellería de Presidencia na provincia de Ourense, ao ano seguinte accedeu ao posto de secretario territorial da delegación provincial da Xunta de Galicia, e en 2014 á dirección xeral de Emerxencias e Interior,[2] na consellería de Presidencia.

A finais de 2018 fíxose público que encabezaría a lista do Partido Popular nas eleccións municipais de 2019 no seu concello natal, O Pereiro de Aguiar.[2] Resultou elixido alcalde con maioría absoluta,[3] ao igual ca nas municipais de 2023.[4]

Deputado provincial, o pleno da Deputación de Ourense elixiuno presidente na sesión plenaria do 17 de xullo do 2023[5][6] en substitución de José Manuel Baltar. Uns meses despois, a finais de outubro, substituíu tamén a Baltar fillo como presidente do PP ourensán.[7]

En xullo de 2023, foi designado candidato do PP ao Senado pola provincia de Ourense.[8]

  1. "Luis Menor Pérez - Portal Transparencia". transparencia.xunta.gal. Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2019. Consultado o 2018-11-28. 
  2. 2,0 2,1 "Luis Menor será el candidato del PP a la alcaldía de Pereiro". La Región (en castelán). Consultado o 2018-11-28. 
  3. Redacción (2 de xuño de 2019). "El próximo alcalde de Pereiro, Luis Menor, entra a formar parte de la Hirmandade Xurídica Galega". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2024. 
  4. Redacción (29 de maio de 2023). "Luis Menor arrasa en O Pereiro de Aguiar y se lleva 10 de las 13 actas". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2024. 
  5. D., I. (17/07/2023). "Nueva etapa en la Diputación de Ourense con Luis Menor al frente" (en castelán). Consultado o 17/07/2023. 
  6. Salgado, Lara (17 de xullo de 2023). "Fin a tres décadas de baltarismo: Luis Menor, nuevo presidente de la Diputación de Ourense". cadenaser.com (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2024. 
  7. Cruz, Isaac (2023-10-27). "Baltar cede la presidencia del Partido Popular de Ourense". La Región (en castelán). Consultado o 2023-10-28. 
  8. Cruz, Isaac (23 de xullo de 2023). "Luis Menor es la gran sorpresa del PP para el Senado por Ourense". laregion.es (en castelán). Consultado o 23 de abril de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Eliseo Fernández Gómez
 
Alcalde do Pereiro de Aguiar
 
2019 - actualidade
Sucesor:
no cargo
Predecesor:
José Manuel Baltar Blanco
 
Presidente da Deputación de Ourense
 
2023 - actualidade
Sucesor:
no cargo