Wikipedia:Artigo destacado

Esta páxina está semiprotexida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Wikipedia:Artigo Destacado»)

Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe do día (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

Atallo:
WP:DT

O artigo destacado é unha sección da Portada onde se mostra un retazo dun dos máis completos artigos da Galipedia.

Para propor artigos destacados para os próximos meses ou votar a favor ou en contra dos xa propostos, vai á páxina de propostas.

Actualmente o artigo destacado é:

Artigo destacado

Bed bug, Cimex lectularius.jpg

As chinches das camas son insectos parasitos da familia dos cimícidos (Cimicidae), que se alimentan exclusivamente de sangue. Cimex lectularius é a chinche das camas común e a especie máis coñecida que prefire alimentarse de sangue humano. O hábitat preferido de Cimex lectularius son as casas quentes e especialmente os dormitorios, zonas preto das camas ou dentro delas.
As chinches das camas levan sendo parasitos do ser humano desde hai miles de anos. A inicios da década de 1940 estaban case erradicados no mundo desenvolvido, pero foron incrementando a súa prevalencia desde 1995, probablemente debido á resistencia aos pesticidas que adquiriron, á prohibición legal do uso dalgúns pesticidas efectivos e ás viaxes internacionais.

Vindeiros artigos destacados na Portada

  • En abril o artigo destacado será:

Artigo destacado

Vincent van Gogh - Self-Portrait - Google Art Project (454045).jpg

Vincent Willem van Gogh, foi un pintor neerlandés e figura destacada do postimpresionismo. Pintou uns 900 cadros (deles 27 autorretratos e 148 acuarelas) e 1.600 debuxos.

Xa desde moi novo tivo inclinación cara ao debuxo e o seu primeiro traballo foi nunha empresa de marchantes de arte, viaxando entre A Haia, Londres e París. Despois ensinou durante un tempo en Inglaterra, en Isleworth e Ramsgate. Máis tarde converteuse en pastor protestante e en 1879, á idade de 26 anos, marchou como misioneiro a unha rexión mineira de Bélxica, onde comezou a debuxar á xente da comunidade local.

Sufriu frecuentes gromos dunha enfermidade mental ao longo da súa vida, o que o levou a se producir unha ferida de bala que acabou coa súa vida á idade de 37 anos.

  • En maio o artigo destacado será:

Artigo destacado

Components of the Human Genome.jpg

O xenoma humano é o xenoma do Homo sapiens, é dicir, a secuencia do ADN, con toda a información xenética dos seus xenes e as secuencias non codificantes, contida nos seus 23 pares de cromosomas situados no núcleo de cada célula humana diploide. Tamén forma parte do xenoma humano o ADN mitocondrial.

A secuencia de ADN que forma o xenoma humano contén codificada a información necesaria para a expresión, altamente coordinada e adaptable ao ambiente, do proteoma humano, é dicir, do conxunto das proteínas do ser humano. As proteínas, e non o ADN, son as principais biomoléculas efectoras; posúen funcións estruturais, encimáticas, metabólicas, reguladoras, sinalizadoras..., organizándose en enormes redes funcionais de interaccións. O proteoma fundamenta a particular morfoloxía e funcionalidade de cada célula. Igualmente, a organización estrutural e funcional das distintas células conforma cada tecido e cada órgano, e, finalmente, o organismo vivo no seu conxunto. O xenoma humano contén a información básica precisa para o desenvolvemento físico dun ser humano completo.

O xenoma humano presenta unha densidade de xenes moi inferior á que inicialmente se predixera, e só arredor do 1,5% da súa lonxitude está composta por exóns codificantes de proteínas. Un 70% está composto por ADN extraxénico e un 30 % por secuencias relacionadas con xenes. Do total de ADN extraxénico, aproximadamente un 70% corresponde a repeticións dispersas, de maneira que, máis ou menos, a metade do xenoma humano corresponde a secuencias repetitivas de ADN. En canto ao total de ADN relacionado con xenes estímase que o 95% corresponde a ADN non codificante: pseudoxenes, fragmentos de xenes, intróns ou secuencias UTR, entre outros.


Arquivo

Replacement filing cabinet.svg Arquivo de artigos destacados

A continuación, móstrase unha lista cos artigos destacados do ano pasado, este ano e o vindeiro:

Modelo

A continuación, móstrase o modelo que deberán seguir as subpáxinas que conteñan os artigos destacados:

<div style="float:left;margin-right:0.9em">
[[Ficheiro:IMAXE_RELACIONADA_CO_ARTIGO|none|125px]]
</div>
'''[[NOME_DO_ARTIGO_DESTACADO]]''' PEQUENO_RESUMO_DO_ARTIGO
<noinclude>[[Categoría:Artigos destacados en {{subst:CURRENTYEAR}}| {{subst:#time: m|+1month}}]]</noinclude>