The Jesus Lizard
| The Jesus Lizard | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
The Jesus Lizard é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en 1987 en Austin, Texas polo vocalista David Yow, o guitarrista Duane Denison e o baixista David Wm. Sims. En 1989 trasladáronse a Chicago, Illinois, onde atoparon espíritos afíns no enxeñeiro de gravación Steve Albini e Touch and Go Records. Coa incorporación do batería Mac McNeilly comezaron a tocar en directo, atraendo finalmente a un público internacional cos seus poderosos concertos.[1]
The Jesus Lizard foi "unha banda de noise rock líder no underground independente americano... [que] sacou unha serie de discos independentes cheos de ruído pseudoindustrial mordaz, destripador e impulsado polas guitarras".[2] Os álbums Goat (1991) e Liar (1992) foron desde entón recoñecidos como dous dos álbums de noise rock máis significativos da súa década.[3][4]
O batería Jim Kimball substituíu a McNeilly a finais de 1996, e foi á súa vez substituído por Brendan Murphy dous anos despois, regresando McNeilly para os concertos de reunións anos máis tarde. A pesar de lanzar un sinxelo compartido con Nirvana e de asinar con Capitol Records, a banda non logrou o éxito comercial no medio da explosión do rock alternativo da década de 1990 e disolveuse en 1999. A súa xira de reunión dez anos despois obtivo respostas positivas de público e crítica. A banda realizou outra xira de reunión en 2017 e 2019.
Historia
[editar | editar a fonte]Formación e anos en Touch & Go
[editar | editar a fonte]A banda comezou en Austin, Texas, cando o guitarrista Duane Denison lle pediu a David Yow, anteriormente membro de Scratch Acid, que tocase o baixo nalgunhas cancións que quería gravar. Yow suxeriu que cantase e que o antigo baixista de Scratch Acid, David Wm. Sims, tocase o baixo no seu lugar.[2] O grupo resultante tomou o seu nome dun alcume común para o basilisco, un tipo de lagarto que pode correr sobre a auga.[5] O trío ensaiou varias veces en Austin cunha caixa de ritmos.[2] Yow e Sims mudáronse a Chicago en 1988, e Denison seguiunos ao ano seguinte.
O seu primeiro EP, Pure, foi gravado por Steve Albini e oublicado por Touch & Go in 1989.[2] É o único disco da banda que usa unha caixa de ritmos. O batería Mac McNeilly, anteriormente en Phantom 309, foi recrutado[2] e o grupo tocou por primeira vez ao vivo o 1 de xullo de 1989. Albini gravaría os seguintes catro álbums da banda: Head (1990), Goat (1991), Liar (1992), e Down (1994).[6] Durante esta época o grupo tamén lanzou un disco en directo, Show,[7] e un sinxelo compartido con Nirvana, "Puss/Oh, the Guilt".[8]
Anos en Capitol e separación
[editar | editar a fonte]The Jesus Lizard asinou con Capitol Records en 1995, gravando a canción "Panic in Cicero" para a banda sonora de Clerks[9] e facendo aparicións en Lollapalooza pouco despois. Impresionada polo seu traballo no álbum Stoner Witch de The Melvins, a banda contratou ao produtor Garth Richardson para gravar o seu seguinte disco, Shot, no ano seguinte.[6] Aínda que persistían os rumores de que Albini se negaba a traballar coa banda debido á súa participación nun selo importante,[10] tanto Albini como o grupo afirmaron que isto era falso.
McNeilly deixou a banda a finais de 1996, alegando esgotamento polas xiras e o desexo de pasar máis tempo coa súa familia. Foi substituído por Jim Kimball, de Mule e do proxecto paralelo de Denison, The Denison/Kimball Trio.
Despois de máis xiras intensas ao ano seguinte, esta formación gravou o EP homónimo de 1998, o seu único disco cuxo título non é unha palabra de catro letras, a través de Jetset Records. O EP contou coa produción e a enxeñería de Andy Gill de Gang of Four, John Cale e Jim O'Rourke. Máis tarde ese mesmo ano, a banda lanzou o álbum Blue, tamén gravado por Gill. Un cambio de rumbo, o disco explorou os seus instintos experimentais previamente insinuados en cancións como "Happy Bunny Goes Fluff-Fluff Along" e "White Hole".
En agosto de 1998 Kimball deixou o grupo[11] e foi substituído polo batería Brendan Murphy, residente en Chicago e anteriormente membro de Wesley Willis Fiasco.[12] Embarcáronse en varios meses máis de intensa xira, tocando o último concerto da súa carreira inicial no festival Umeå Open en Umeå, Suecia, o 27 de marzo de 1999. Despois de ser despedidos de Capitol Records a metade do contrato, a banda anunciou a súa separación o xuño seguinte.
Tras a separación
[editar | editar a fonte]En 2000 Touch & Go lanzou Bang, a CD de temas publicados previamente en EPs e sinxelos, e algunhas cancións inéditas.[13] Os membros permaneceron musicalmente activos: Denison comezou a actuar con Tomahawk, continuou tocando con Kimball en The Denison/Kimball Trio, e apoiou a Hank Williams III en xira.[14] En 2006 tamén formou U.S.S.A. co baixista Paul Barker (ex-Ministry).[15] McNeilly tocou a batería na gravación de P.W. Long para Reelfoot, "Push Me Again", e continuou a tocar coa súa muller na banda Mouse. Gravou con Steve Albini en febreiro de 2007 para o compañeiro de Denison no selo Fuzz, Greg Garing.
En 2006, Yow e Sims reformaron Scratch Acid, xunto cos membros orixinais Rey Washam (tamén de Rapeman e Ministry) e Brett Bradford (tamén de Sangre de Toro) para o festival polo 25 aniversario de Touch & Go en Chicago.[16] Unha semana antes do festival de Touch & Go, os reunidos Scratch Acid tocaron ante un público que esgotou as entradas no Emo's da súa cidade natal de Austin. Sims mudouse á cidade de Nova York, comezou a traballar como contable e mantivo o seu proxecto en solitario Dangerpuss. Denison trasladouse a Nashville. Yow mudouse aos Ánxeles, traballando en deseño gráfico para unha axencia de publicidade e uníndose á banda Qui,[17] antes de seguir unha carreira como actor[18] e unirse brevemente a Flipper como vocalista.[19][20]
Xira de reunión
[editar | editar a fonte]The Jesus Lizard reformouse en 2008 con McNeilly na batería e comezou a realizar concertos ao ano seguinte. Estes concertos incluíron aparicións no Pitchfork Music Festival de Chicago e nos festivais de música All Tomorrow's Parties de Inglaterra e Nova York.[21] O 6 de outubro todos os álbums da banda en Touch & Go foron reeditados cun son mellor e cancións extra. Os álbums foron remasterizados por Albini e Bob Weston e incluíron novas presentacións.[22] Despois da xira, os membros individuais volveron a outros proxectos e afirmaron que esta serie de actividades sería "probablemente a súa última".[23]
Despois da reunión
[editar | editar a fonte]En agosto de 2011, MVD lanzou Club, un DVD do concerto e dobre LP da actuación da banda en Nashville no Exit/In da xira de 2009.[24]
En 2013 Yow lanzou a través de Joyful Noise Recordings Tonight You Look Like a Spider, un álbum en solitario que levaba case 15 anos en produción. Yow afirmou que se inspirou para facer o álbum en Mike Patton e describiu o seu proceso compositivo afirmando: "Aluguei un saxofón durante 2 meses, pedín prestadas algunhas guitarras e algunhas baterías, rebusquei na cociña, apertei un gato gordo, toquei e toquei e acabei coa miña propia música".[25]
En outubro de 2013 The Jesus Lizard ía tocar no evento Release the Bats de All Tomorrow's Parties en Melbourne, Australia. Finalmente cancelaron este concerto debido a "circunstancias imprevistas".[26][27]
Segunda reforma
[editar | editar a fonte]En setembro de 2017 a banda anunciou a súa segunda reunión.[28] A banda emprendeu a súa primeira xira en oito anos ese decembro.[29] Fixeron unha xira en setembro de 2018 e tocarían no Riot Fest 2018 en Chicago ese mesmo mes. En xuño de 2024 The Jesus Lizard anunciou o seu primeiro álbum en 26 anos, revelando que o título sería Rack, lanzando simultaneamente o primeiro sinxelo, "Hide and Seek", nas plataformas de streaming. O álbum foi lanzado o 13 de setembro a través de Ipecac Recordings.[30]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Head | 1990 | Touch and Go Records |
| Goat | 1991 | Touch and Go Records |
| Liar | 1992 | Touch and Go Records |
| Down | 1994 | Touch and Go Records |
| Shot | 1996 | Capitol Records |
| Blue | 1998 | Capitol Records |
| Rack | 2024 | Ipecac Recordings |
EP
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Jesus Lizard live and in color". Chicago Reader. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2023. Consultado o 2 de xuño de 2024.
- 1 2 3 4 5 "The Jesus Lizard Songs, Albums, Reviews, Bio &...". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-06-02.
- ↑ "Every The Jesus Lizard album ranked from worst to best". Louder. Archived from the original on 05 de abril de 2024. Consultado o 2 de xuño de 2024.
- ↑ "Top 100 Albums of the 1990s". Pitchfork (en inglés). 2003-11-17. Consultado o 2024-06-02.
- ↑ "Jesus Lizard Interview and Exclusive News: The Naked Truth, Pt. 1". New Noise Magazine (en inglés). Consultado o 2025-12-25.
- 1 2 Khanna, Vish (2014-03-04). "Inside the Jesus Lizard's New BOOK". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "The Jesus Lizard - Show" (en inglés). 1994. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "The Jesus Lizard / Nirvana - Puss / Oh, The Guilt" (en inglés). 1993-02-22. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "Clerks (1994) - Soundtracks - IMDb" (en inglés). Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "The Jesus Lizard: A Racket of a Resurrection". FLOOD (en inglés). Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "the latest in the Jesus Lizard News". www.thejesuslizard.net. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ Warwick, Kevin (2017-12-06). "The Third Coming of the Jesus Lizard". Chicago Reader (en inglés). Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "Bang - The Jesus Lizard". AllMusic (en inglés). Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "Renowned Guitarist Duane Denison Rejoins Hank3’s Band - Saving Country Music". savingcountrymusic.com (en inglés). 2014-06-05. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ Sullivan, Matt (2007-10-04). "U.S.S.A.". The Pitch (en inglés). Consultado o 2025-12-25.
- ↑ Raymer, Liz Armstrong, Jessica Hopper, Monica Kendrick, Peter Margasak, J. Niimi, Miles (2006-09-07). "Touch and Go Records' 25th Anniversary Celebration at the 10th Annual Hideout Block Party". Chicago Reader (en inglés). Consultado o 2025-12-25.
- ↑ Kerr, Dave (2007-09-05). "Songs in the Qui of David Yow". DrownedInSound (en inglés). Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "David Yow Is Done With Music, but His World Remains a Stage". Willamette Week (en inglés). 2016-05-10. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "Ep064: David Yow (Jesus Lizard, Scratch Acid, Actor) - Conan Neutron's Protonic Reversal". Conan Neutron's Protonic Reversal (en inglés). 2015-08-24. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ Minsker, Evan (2015-08-02). "Flipper Reuniting, Enlist Jesus Lizard's David Yow". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "The Jesus Lizard's Mac McNeilly". exclaim.ca (en inglés). Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "The Jesus Lizard to reunite, seminal albums remastered and reissued!". www.touchandgorecords.com. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "the latest in the Jesus Lizard News". www.thejesuslizard.net. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "The Jesus Lizard - Club" (en inglés). 2011. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "How My Solo Album Happened". www.joyfulnoiserecordings.com. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ Arnold-Garvey, James (2013-09-16). "The Jesus Lizard Cancel Australian Tour And ATP's Release The Bats". Music Feeds (en inglés). Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "ATP Annnounce Release The Bats Melbourne - The Breeders, The Jesus Lizard + More". UnderTheRadarNZ (en inglés). Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "The Jesus Lizard playing first show in eight years at Day for Night festival". Treble (en inglés). 2017-09-20. Consultado o 2025-12-25.
- ↑ Gonzalez, Sean (2017-10-04). "The Jesus Lizard Announce First Tour In 8 Years!". New Noise Magazine (en inglés). Consultado o 2025-12-25.
- ↑ "The Jesus Lizard, Underground Rock Heroes, Surface With a New Album" (en inglés). 2024-06-05. Consultado o 2025-12-25.