Dave Riley
![]() | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) David Michael Riley 30 de xullo de 1960 Detroit |
| Morte | 24 de decembro de 2019 Arivaca |
| Causa da morte | cancro de larinxe |
| Actividade | |
| Ocupación | músico, escritor, baixista |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Punk rock, funk e rock experimental |
| Instrumento | Baixo, guitarra e piano |
David Michael Riley, nado en Detroit (Míchigan) o 30 de xullo de 1960 e finado en Arivaca (Arizona) o 23 de decembro de 2019[1] foi un músico estadounidense coñecido por ser baixista da banda de punk rock Big Black dende 1985 ata a súa disolución en 1987.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Riley trasladárase a Chicago en 1982 dende Detroit, onde traballara como enxeñeiro de gravación. Tocou nos dous álbums de estudio de Big Black, Atomizer (1986) e Songs About Fucking (1987), así como no seu EP Headache (1987), varios sinxelos e dous álbums ao vivo. Despois de Big Black, Riley gravou cancións con outros artistas antes de quedar incapacitado por un ictus en 1993, perdendo a capacidade de camiñar. Fíxose blogueiro e en 2006 publicou o libro Blurry and Disconnected: Tales of Sink-or-Swim Nihilism. Morreu a finais de 2019 dun carcinoma de células escamosas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Big Black Bassist Dave Riley Dead at 59". Spin. Consultado o 01/12/23.
