Jeff Pezzati
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 6 de febreiro de 1960 Chicago, Estados Unidos de América |
| Actividade | |
| Ocupación | músico |
| Período de actividade | 1980 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Punk rock |
| Instrumento | Baixo |
| Selo discográfico | Ruthless Records |
Jeffrey Neal "Jeff" Pezzati, nado en Chicago (Illinois) o 6 de febreiro de 1960, é un cantante estadounidense, vocalista da banda de punk rock de Chicago Naked Raygun.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dende 1983 ata 1985 foi o baixista de Big Black.[2] No ano 1980 Jeff Pezzati era membro dunha banda de versións, Condor, cando os seus fundadores, Santiago Durango e o seu irmán Marco Pezzati, lle pediron facer unha audición para Naked Raygun (entón coñecida como Negro Commando) Jeff converteríase en membro do grupo e a día de hoxe e o compoñente que máis tempo leva nel. No presente tamén é membro da banda The Bomb que fundou en 1999.[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Allmusic (ed.). "Naked Raygun biography". Consultado o 31 de decembro de 2017.
- ↑ Allmusic (ed.). "Big Black biography". Consultado o 31 de decembro de 2017.
- ↑ Allmusic (ed.). "The Bomb biography". Consultado o 31 de decembro de 2017.
- ↑ "Chicago punk-rock icon to make return to town with The Bomb". The Daily Eastern News. Archived from the original on 31 de xullo de 2012. Consultado o 26 de xuño de 2024.