Todd Trainer
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XX |
| Actividade | |
| Ocupación | músico |
| Membro de | |
| Instrumento | Batería |
| Selo discográfico | Touch and Go Records |
Todd Trainer é un músico estadounidense que foi o batería da banda de noise rock Shellac. Tamén actúa como artista en solitario baixo o nome de Brick Layer Cake. Anteriormente tocou a batería nos grupos Breaking Circus e Rifle Sport,[1] e tamén tocou coa músico inglesa Scout Niblett en 2005. A revista Spin nomeouno o 45 mellor batería da música alternativa no ano 2013.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Trainer reside en Minneapolis, Minnesota, e mantén estreitos lazos cos seus pais e a súa irmá Terri. O seu lebrel italiano Uffizi inspirou o título do cuarto álbum de estudio de Shellac, Excellent Italian Greyhound, e tamén aparece na súa portada. El e o seu can, xunto coa súa banda Shellac, apareceron nun episodio de Dogs 101 en 2009 centrado nos galgos italianos.[3]
Discografía como Brick Layer Cake
[editar | editar a fonte]Brick Layer Cake é o proxecto en solitario de Todd Trainer, no que toca todos os instrumentos e canta nun ton monótono e profundo de spoken word. A música de Brick Layer Cake presenta tempos moi lentos e composicións "de tipo dron", que Steve Albini describiu do seguinte xeito: "Pensa en Nick Drake con cancións deprimentes liderando Black Sabbath, se Black Sabbath só tocase as partes boas das súas cancións".[4]
| Álbum | Ano | Selo | Notas |
|---|---|---|---|
| Eye for an Eye - Tooth for a Tooth | 1990 | Ruthless Records | Mini-álbum |
| Call It a Day | 1991 | Touch and Go Records | EP |
| Call It a Day/Eye for an Eye - Tooth for a Tooth | 1991 | Touch and Go Records | Recompilatorio |
| Tragedy - Tragedy | 1994 | Touch and Go Records | |
| Whatchamacallit | 2002 | Touch and Go Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ City Pages (ed.). "Shellac's Todd Trainer on Minneapolis drummers, and today's music climate". Consultado o 4 de xaneiro de 2018.
- ↑ The 100 Greatest Drummers of Alternative Music (ed.). "Todd Trainer". Consultado o 4 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Border Collie/Chinese Crested/English Mastiff/Italian Greyhound/Lhasa Apso". 2008-10-10. Consultado o 2026-01-09.
- ↑ "Brick Layer Cake". touchandgorecords.com. Consultado o 2026-01-09.