Saltar ao contido

Neurosis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Neurosis
Imaxe
 Instancia de
 Composto por
Características
 Discografía
Datas
 Fundación / creación
1985 Editar o valor en Wikidata
 Inicio de actividade
1985 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de formación
Códigos e identificadores
ISNI000000009495282X Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03b55t Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: officialneurosis Twitter: neurosisoakland MySpace: officialneurosis Bandcamp: neurosis Spotify: 1KHydwFySZY3YcWyo2q2dF Last fm: Neurosis Musicbrainz: a9416fb3-4d28-4575-abae-f0d160be83ed Songkick: 77997 Discogs: 154935 Allmusic: mn0000388198 Genius: Neurosis Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Neurosis é unha banda estadounidense de post-metal procedente de Oakland (California). Formarona no ano 1985 o guitarrista Scott Kelly, o baixista Dave Edwardson, e o batería Jason Roeder, inicialmente como un grupo de crust punk. Chad Salter uniuse como segundo guitarrista e apareceu no seu álbum de estrea en 1987, Pain of Mind, e despois Steve Von Till substituíuno en 1989. Ao ano seguinte, a formación ampliouse aínda máis para incluír un teclista e un artista visual. Comezando co seu terceiro álbum Souls at Zero (1992), Neurosis transformou o seu son hardcore incorporando diversas influencias como o doom metal e a música industrial, chegando a ter un papel destacado na aparición dos xéneros post-metal e sludge metal.

A formación da banda estabilizouse en 1995 coa incorporación de Noah Landis, que substituíu a Simon McIlroy nos teclados e na electrónica. Ese mesmo ano formaron o grupo de música experimental Tribes of Neurot e, en 1999, o selo discográfico Neurot Recordings. Esta formación permaneceu estable ata 2019, cando a banda se separou de Kelly despois de descubrir o seu historial de violencia doméstica contra a súa familia, aínda que isto non sairía á luz ata agosto de 2022 por respecto á privacidade dos membros da familia de Kelly. O grupo estivo en pausa desde entón e, no presente, non hai información sobre se continuará ou se disolverá.

Neurosis obtivo o recoñecemento da crítica ao longo dos seus 11 álbums de estudio. A BBC recoñeceulles o mérito de levar "a música heavy a espazos previamente inimaxinables... [e dar forma] á resposta definitiva do metal ao século XXI".[1]

Discografía

[editar | editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Pain of Mind1987Alchemy Records
The Word as Law1990Lookout! Records
Souls at Zero1992Alternative Tentacles
Enemy of the Sun1993Alternative Tentacles
Through Silver in Blood1996Relapse Records
Times of Grace1999Relapse Records
A Sun That Never Sets2001Relapse Records
The Eye of Every Storm2004Neurot Recordings/Relapse Records
Given to the Rising2007Neurot Recordings
Honor Found in Decay2012Neurot Recordings
Fires Within Fires2016Neurot Recordings
An Undying Love for a Burning World 2026

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "BBC - Music - Review of Neurosis - Times of Grace". www.bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 2026-02-17.