The Membranes é unha banda inglesa de post-punk formada en Blackpool, Lancashire, no ano 1977. A súa primeira formación estaba composta por John Robb (baixo), Mark Tilton (guitarra), Martyn Critchley (voces) e Martin Kelly (batería).[1] Critchley deixou o grupo ao pouco tempo, encargándose Robb e Tilton das voces, e pasando Kelly moving aos teclados, incorporándose Coofy Sid para facerse cargo da batería.[1]
O seu primeiro lanzamento foi o flexi-disc "Flexible Membrane" en 1980, e nos seguintes once anos a banda publicaría seis álbums de estudio. O seu primeiro sinxelo, "Muscles", foi sinxelo da semana na prensa musical británica[1] e un grande éxito nos clubs de Nova York. Kelly deixou a banda despois de "Muscles", sendo substituído na guitarra por Steve Farmery para o seu seguinte traballo, o EP Pin Stripe Hype.[2]
A banda foi pioneira na escena do noise de vangarda de Big Black e Sonic Youth durante varios anos co seu aclamado sinxelo "Spike Milligan's Tape Recorder", o EP Death To Trad Rock e o seu álbum The Gift of Life.[2] Estaban destinados a ser a primeira banda en asinar co selo de Alan McGeeCreation Records, pero o acordo cancelouse cando McGee non puido permitirse pagar a súa factura do estudio polo sinxelo "Spike Milligan's Tape Recorder".[1] A banda mudouse a Manchester en 1983, e o sinxelo "Spike Milligan's Tape Recorder" foi editado a través do selo Criminal Damage,[2] que tivo unha resposta positiva da crítica aínda que os problemas de distribución limitaron o seu impacto.[1]
En 2009 a banda reformouse despois de que My Bloody Valentine lles pedise participar no festival All Tomorrows Parties. The Membranes gravaron entón o aclamado álbum Dark Matter/Dark Energy e tocaron en festivais por toda Europa. A banda foi aclamada pola prensa musical por unha serie de concertos que realizaron con coros en Estonia e Portugal, e co coro do British and Irish Modern Music Institute no Reino Unido.