Póker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O póker[1], é un xogo de cartas xogado por dúas ou máis persoas, moi común en casinos. É o máis popular dunha clase de xogos nos cales os xogadores coas cartas total ou parcialmente escondidas fan apostas para un monte central, despois do que o resultante das apostas é atribuído ao xogador ou xogadores que posuíran o mellor conxunto de cartas.

Para xogar ao póker, é necesario aprender as regras e procedementos básicos do xogo, os valores das varias combinacións de cartas e as regras sobre as apostas e os seus límites. Algúns coñecementos sobre o equipamento usado para xogar son útiles. Hai tamén moitas variantes do póker, categorizadas libremente como póker fechado (draw poker), póker aberto (stud poker), community card poker e outros. Os xogos máis habituais das primeiras tres categorías son o Five-Cards Draw, seven-card stud e Texas hold'em, respectivamente. Cada un destes tres xogos é un bo punto de partida para aprender outros xogos do mesmo xénero.

Escaleira de cor real

O póker é o xogo de azar máis xogado no mundo.

Historia[editar | editar a fonte]

A orixe do póker é moi antiga e está ligada a varios outros xogos que tamén se basean en combinacións de cartas do mesmo valor e que presentan un sistema de apostas moi semellante ao do póker actual. A versión máis antiga do póker chamábase "As-nas" e xurdiu en Persia, no século XV.

A palabra póker vén do inglés poker, que se orixina do francés poque, que á súa vez deriva do alemán pochen que significa xogar de farol.

O xogo actual desenvolveuse nos Estados Unidos e tornouse no xogo favorito dos norteamericanos, especialmente dos pioneiros do Oeste. O póker como é coñecido no Brasil, é orixinario da Europa e corresponde a apenas dúas ou tres das máis de cen modalidades practicadas nos Estados Unidos.

Clasificación de xogadas[editar | editar a fonte]

Xogada Xogada Inglés Descrición Estatística
1 Escaleira Real Royal Flush Son 5 cartas seguidas do mesmo pau ata ao ás. 4
2 Escaleira de Cor Straight Flush Son 5 cartas seguidas do mesmo pau que non sexa ata ao ás. 36
3 Póker Poker Son 4 cartas iguais. 624
4 Full Full Son 3 cartas iguais, máis outras dúas iguais. 3.744
5 Cor Flush Son 5 cartas do mesmo pau sen ser seguidas 5.108
6 Escaleira Straight Son 5 cartas seguidas de paus diferentes. 10.200
7 Trío Three of a kind Son 3 cartas iguais máis dúas diferentes. 54.912
8 Dobre Parella Two Pairs Son 2 pares de cartas. 123.552
9 Parella One Pair Son 2 cartas iguais e tres diferentes. 1.098.240
10 A Carta máis elevada No Pair Gaña quen tivese a cartas máis alta.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Póker.