Evanston, Illinois
| Evanston (en) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Estados Unidos de América | ||||
| Estado federado | Illinois | ||||
| Condado | Condado de Cook (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 78.110 (2020) | ||||
| Número de fogares | 27.918 (2020) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Área metropolitana de Chicago | ||||
| Superficie | 20,205932 km² | ||||
| Auga | 0,284 % (1 de abril de 2010) | ||||
| Altitude | 187,1 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1836 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 60201, 60202, 60203, 60204 e 60208 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Sitio web | cityofevanston.org | ||||
Evanston é unha cidade estadounidense no condado de Cook, Illinois, situada na North Shore ao longo do lago Michigan. É un suburbio de Chicago e atópase a 19 km ao norte do centro desta cidade, limitando con Chicago ao sur, con Skokie ao oeste, con Wilmette ao norte, e co lago ao leste. No ano 2020 Evanston tiña unha poboación de 78 110 habitantes.[1]
Fundada por líderes empresariais metodistas en 1857, a cidade foi incorporada en 1863. Evanston é fogar da Northwestern University, creada en 1851, unha das principais universidades de investigación do mundo. No presente é coñecida por unha poboación etnicamente diversa e está moi moldeada externamente pola incluencia de Chicago, e internamente pola Northwestern. A cidade e a universidade comparten unha longa relación historicamente complexa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Evanston, Illinois". United States Census Bureau. Consultado o 2023-12-01.
