Suicide
| Suicide | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||
|
Composto por
| |||||||
|
Selo discográfico
| |||||||
| Datas | |||||||
| |||||||
| Localización | |||||||
| |||||||
| Identificadores | |||||||
| |||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||
Suicide foi unha banda estadounidense de protopunk electrónico, activa intermitentemente dende 1970 ata 2016 e formada por Alan Vega (voz) e Martin Rev (sintetizadores e caixas de ritmos). A pioneira música do grupo usaba instrumentación electrónica minimalista, como sintetizadores e caixas de ritmos primitivas, e as súas primeiras actuacións eran conflitivas e adoitaban a rematar en violencia.
A pesar de nunca chegar a ser moi populares entre o gran público, Suicide trátase dunha banda moi influente. O crítico Wilson Neate escribiu que Suicide "serían tan influentes como The Clash. Escoitar o seu álbum autotitulado de estrea de 1977 dende o punto de vista de finais do 2002 facíao obvio: os sons do synthpop, do techno e do dance industrial dance dos 80 e os 90, e do electroclash da actualidade, todos levan cara ese álbum fundacional"[1].
En novembro de 1970 un flyer da banda foi dos primeiros anuncios en usar a frase "punk music" para un concerto.[2][3]
Discografía
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Suicide | 1977 | Red Star Records |
| Suicide: Alan Vega and Martin Rev | 1980 | Ze Records |
| A Way of Life | 1988 | Chapter 22, Wax Trax! Records |
| Why Be Blue | 1992 | Brake Out |
| American Supreme | 2002 | Mute Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dusted Reviews - Suicide - American Supreme". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2011. Consultado o 31 de decembro de 2011.
- ↑ "From The Archives -Suicide- Concert Chronology / Gigography". www.fromthearchives.org. Consultado o 2020-01-20.
- ↑ "Suicide Watch | The Village Voice". www.villagevoice.com. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2019. Consultado o 2020-01-20.