Labradford foi unha banda estadounidense de post-rock procedente de Richmond, Virxinia, e fundada no ano 1991.[1] O grupo editou seis álbums de estudio dende 1993 ata 2001. Aínda que oficialmente non está disolta, os seus membros dende entón levan traballando en proxectos separados.