The Bird Is the Most Popular Finger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«The Bird Is the Most Popular Finger»
sinxelo de Shellac
Lanzamento 22 de agosto de 1994
Formato
Gravada
Xénero musical post-hardcore
Lingua(s)
Duración
Discográfica Drag City
Produtor(es) Shellac
Escritor(es)
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"The Bird Is the Most Popular Finger" é o terceiro lanzamento da banda estadounidense Shellac. O título é unha parodia ao álbum The Pigeon Is the Most Popular Bird de Six Finger Satellite, e foi orixinalmente o título dun artigo sobre Shellac que apareceu na revista Alternative Press tras o lanzamento dos anteriores sinxelos do grupo. Trátase dun 7" con dúas cancións publicado o 22 de agosto de 1994 a través do selo Drag City. Foi o primeiro lanzamento de Shellac que non publicou Touch and Go Records.[1]

A primeiro canción, "The Admiral", é unha versión instrumental dun tema que apareceu posteriormente no álbum At Action Park, en outubro dese mesmo ano. "XVI" é unha versión alternativa da canción "Pull the Cup", tamén en At Action Park. As dúas cancións foron gravadas no apartamento de Todd Trainer, tal e como se documenta cunha impresión fotográfica incluída co sinxelo. O libreto detalla cada instrumento musical e cada peza de equio de gravación usada no sinxelo.[1]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Cara A[editar | editar a fonte]

  1. "The Admiral" - 2:33

Cara B[editar | editar a fonte]

  1. "XVI" - 3:42

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Shellac - The Bird Is The Most Popular Finger". Discogs (en inglés). Consultado o 2019-11-30.