Electrical Audio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Studio B de Electrical Audio

Electrical Audio son uns estudios de gravación musical fundados en Chicago, Illinois polo músico e enxeñeiro de gravación Steve Albini no ano 1997. Centos de proxectos musicais independentes graváronse nas súas instalacións dende entón.

Nacidos nunha época na que estaba aumentando a popularidade da gravación dixital, Electrical Audio convertéronse nuns estudios pouco comúns por usar só tecnoloxía de gravación analóxica. As súas habitación tamén se deseñaron para ofrecer reverberación natural en vez de ter que engadir a reverberación durante a post-produción.

Nunha mensaxe en 2007 o técnico dos estudios Greg Norman revelou que Electrical Audio mercara unha plataforma Pro Tools para gravación e edición asistida por ordenador, dicindo que se convertera nunha ferramenta "tan importante como un piano". Norman tamén dixo que Albini, ao que non lle gusta a gravación dixital, "non gravará con [Pro Tools]. Así que non lle preguntedes nada sobre ese tema".[1][2]

Instalacións[editar | editar a fonte]

As instalacións están formadas por dous estudios separados, Studio A e Studio B. O A é o máis grande e ten tres espazos de gravación. O Studio B dispón de dous espazos para a gravación. Electrical Audio dispón ademais de áreas de descanso para os músicos.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Electrical Audio • View topic - Pro Tools and Digital Performer at Electrical". www.electricalaudio.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2020-08-15. 
  2. "Electrical Audio - Equipment - 333". www.electricalaudio.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2020-08-15. 
  3. "Electrical Audio - Studios". www.electricalaudio.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2020. Consultado o 2020-08-15. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]