Manic Street Preachers
Manic Street Preachers | |
---|---|
![]() | |
Orixe | Blackwood, País de Gales ![]() |
Período | 1986 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, britpop |
Selo(s) discográfico(s) | Columbia, Epic, Heavenly, Damaged Goods |
Membros | James Dean Bradfield Nicky Wire Sean Moore |
Antigos membros | Richey James Edwards Miles Woodward |
Na rede | |
manicstreetpreachers.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Manic Street Preachers, tamén coñecida como Manics, é unha banda galesa de rock fundada en Blackwood en 1986 en Blackwood. O grupo está formado por Nicky Wire (baixo e letras) e os curmáns James Dean Bradfield (voz e guitarra) e Sean Moore (batería e percusión). Forman unha parte fundamental do movemento cultural galés Cool Cymru da década dos 90.
Tras o lanzamento do seu sinxelo de estrea "Suicide Alley" en 1988, Manic Street Preachers converteuse nun cuarteto coa incorporación de Richey Edwards como guitarrista rítmico e co-letrista. Os primeiros álbums da banda tiñan unha sonoridade punk, evolucionando posteriormente cara un son rock alternativo máis amplo, mantendo unha visión política de esquerdas.[1] A súa primeira combinación de imaxes glam andróxinas e letras sobre "cultura, alienación, aburrimento e desesperación" fíxolles gañar un público leal.
O primeiro traballo de Manic Street Preachers en entrar nas listas foi o sinxelo "Motown Junk" en 1991, seguido polo seu álbum de estrea, Generation Terrorists, en febreiro de 1992. Os seguintes dous álbums foron Gold Against the Soul en 1993 e The Holy Bible en 1994,[2] sendo este último o derradeiro con Edwards, que desapareceu en febreiro de 1995 e foi declarado legalmente morto en 2008.[3] A banda continuou como un trío e conseguiu éxito comercial cos discos Everything Must Go (1996) e This Is My Truth Tell Me Yours (1998).
Os Manics teñen sido cabezas de cartel en festivais como Glastonbury, T in the Park, V Festival e Reading, gañando once NME Awards, oito Q Awards e catro BRIT Awards.[4] Foron nomeados para o Mercury Prize en 1996 e 1999, e tiveron unha nomeación para os MTV Europe Music Awards. A banda vendeu máis de 10 millóns de álbums en todo o mundo. Os Manics teñen dous sinxelos número 1 na lista británica: "If You Tolerate This Your Children Will Be Next" (1998) e "The Masses Against the Classes" (2000), así como dous álbums número 1: This Is My Truth Tell Me Yours e The Ultra Vivid Lament (2021).[5] Dende 1991 ata 2010, a banda tivo 33 sinxelos consecutivos no top 40 do Reino Unido.[6]
Biografía
[editar | editar a fonte]Formación e primeiros anos
[editar | editar a fonte]A banda formouse no ano 1986 na escola unitaria Oakdale, en Blackwood, onde estudaban os catro membros orixinais do grupo.[7] Bradfiel e o lixeiramente maior Moore son curmáns, e os dous compartían liteira na casa da familia do primeiro tras o divorcio dos pais de Moore.[8]
Durantes os primeiros anos da banda, Bradfield e Moore, que tiña formación clásica, componían principalmente a música, mentres que Wire se centraba nas letras. A orixe do nome do grupo non é claro, pero a historia máis contada fala de que un día mentres Bradfield tocaba na rúa en Cardiff tivo un altercado con alguén (ás veces cóntase de que era un home sen fogar)[7] que lle preguntou "What are you, boyo, some kind of manic street preacher?" (Que eres, rapaz, unha especie de predicador da rúa maníaco?).[9]
O baisista orixinal Flicker (Miles Woodward) deixou a banda a principios de 1988, supostamente debido a que cría que o grupo estaba afastándose das súas raíces punk.[9] A banda continuou como un trío, con Wire pasándose da guitarra ao baixo,[9] e en 1988 publicou o seu primeiro sinxelo, "Suicide Alley". A pesar da pouca calidade da gravación, este sinxelo dá unha primeira idea single tanto do traballo de guitarra de Bradfield como do estilo ao vivo de Moore na batería.[10] A revista NME publicou unha entusiasta recensión de "Suicide Alley", citando unha nota de prensa de Richey Edwards: "Estamos o máis afastados de calquera cousa dos 80".[2]
Tras o lanzamento de "Suicide Alley", Edwards uniuse á banda como guitarrista rítmico e escribindo as letras xunto con Wire. Edwards tamén deseñaba portadas e libretos e levaba á banda aos concertos.[9]
En 1990 Manic Street Preachers fichou polo selo Damaged Goods Records para publicar un EP. O traballo de catro temas New Art Riot E.P. atraeu tanto o interese dos medios polos seus ataques a outros músicos como pola súa música.[9] Coa axuda da xestión de Hall or Nothing, os Manics asinaron un contrato co selo independente Heavenly Records. O seu primeiro sinxelo para a discográfica foi "Motown Junk". O seguinte, "You Love Us", tiña samplers da composición de Krzysztof Penderecki Tren ofiarom Hiroszimy, así como de tamas de Iggy Pop.
O 15 de maio de 1991, durante unha entreviata co entón xornalista de NME Steve Lamacq tras un concerto no Norwich Arts Centre, Edwards tallou a palabra "4REAL" no seu brazo cunha navalla nun intento por demostrar a sinceridade da banda. Foi levado ao hospital e recibiu dezasete puntos de sutura.[9] NME posteriormente editou unha páxina enteira falando sobre o incidente, incluíndo unha entrevista por telñefono con Richey sobre as súas motivacións para facer iso. Na cara b do sinxelo benéfico de 1992 "Theme from M.A.S.H. (Suicide Is Painless)" incluíuse unha gravación da reunión editorial na que se discutía se podían ou non publicar a imaxe, onde aparecen Lamacq, o entón editor da NME Danny Kelly e James Brown (que despois editaría Loaded e a versión británica de GQ).[9]
Como resultado do seu comportamento controvertido, a banda converteuse rapidamente nunha das favoritas da prensa musical británica, axudando este feito a crear unha fiel base de fans.[2] Columbia Records, de Sony Music UK, fichou aos Manic Street Preachers pouco despois e o grupo comezou a traballar no seu álbum de estrea.[9]
Época de Richey Edwards
[editar | editar a fonte]
O álbum de estrea da banda, Generation Terrorists, foi editado en 1992 a través do selo Columbia Records. O disco tivo seis sinxelos e vendeu 250 000 copias.[9] O libreto contiña unha cita literaria para cada unha das dezaoito cancións do álbum e o álbum duraba pouco máis de setenta minutos. As súas letras están politizadas como as de The Clash e Public Enemy,[11] coas cancións do álbum pasando regularmente dun enfoque crítico do capitalismo global a contos máis persoais de desesperación e loitas da mocidade. Outros temas combinan temas persoais e políticos; "Nat West-Barclays-Midlands-Lloyds" foi escrito como unha crítica ás políticas de crédito bancario no exterior, pero tamén fala dos problemas de Richey Edwards relacionados con descubertos e préstamos rexeitados. Pola súa banda, o sinxelo "Motorcycle Emptiness" critica o consumismo como un "soño superficial"[12] que fai que a vida humana se comercialice abertamente.[13] "Little Baby Nothing", un dueto entre a ex-actriz porno estadounidense Traci Lords e Bradfield, foi descrito por Priya Elan de NME como unha "instantánea perfecta da inocencia [feminina] arrebatada e retorcida".[14]
A banda tamén fixo unha versión do tema "Suicide Is Painless" que chegou ao número 7 das listas británicas, pasando tres semanas no top 10, e dándolle á banda o seu primeiro sinxelo en entrar nese top 10.[15]
O segundo álbum do grupo, Gold Against the Soul, tiña un son máis comercial e sucio. Foi publicado con recensións variadas pero vendeu ben, chegando ao número 8 da lista británica de álbums. A banda afirmou que a elección de traballar de novo con Dave Eringa foi importante para este álbum.[9] Os Manics teñen descrito Gold Against the Soul como o seu traballo menos favorito e ao período que o rodeou como o menos centrado da súa carreira. O vocalista e guitarrista James Dean Bradfield tamén dixo "O único que queriamos facer era pasar por baixo da á corporativa. Pensamos que podíamos ignorala, pero si que te ves afectado".[16]
A principios de 1994, os problemas de Edwards empeoraron o comezaron a afectar tamén aos outros membros da banda. Ese ano foi ingresado no hospital psiquiátrico The Priory para superar os seus problemas e a banda tocou algúns festivais como un trío para pagar o seu tratamento. Durantes unha destas actuación no festival Reading '94, James tocou a Gibson negra de Richey como unha mostra de respecto (aínda que posteriormente comentou que se arrepinte de tocar a guitarra de Richey).[9]
O seguinte álbum do grupo, The Holy Bible, publicouse en agosto con aclamación da crítica pero con poucas vendas. O disco mostraba outro cambio musical e estético para a banda, aparecendo principalmente con uniformes militares. Musicalmente, The Holy Bible afástase do rock moderno dos seus dous primeiros álbums,Generation Terrorists e Gold Against the Soul.[17] Ademais dun son máis próximo ao rock alternativo, o disco incorpora elementos doutros xéneros como hard rock,[18] punk británico, post-punk, new wave, industrial, art rock e rock gótico.[9][19]
Liricamente o álbum trataba temas como a prostitución, o consumismo estadounidense, o imperialismo británico, a liberdade de expresión, o Holocusto, os asasinos en serie, a pena de morte, a revolución política, a infancia, o fascismo e o suicidio.[20] Tamén había temas autobiográficos, como a canción "4st 7lb" onde as letras falan claramente da experiencia de Richey coa anorexia. O título "The Holy Bible" (A Santa Biblia) foi escollido por Edwards para reflectir a idea, segundo Bradfield, de que "todo aí ten que ser perfección".[21]
Para promocionar o disco, a banda apareceu no programa Top of the Pops interpretando o seu primeiro sinxelo, "Faster", o cal acadaría o número 16 nas listas. A actuación foi moi controvertida na época, xa que a banda levaba vestimenta militar, con Bradfield levando un pasamontañas como se fose un terrorista. No momento, a BBC díxolle á banda que nunha recibiran queixas antes.[22] O álbum vendería finalmente máis de 600 000 copias en todo o mundo.[23]
En abril de maio de 1994 a banda interpretou por primeira vez cancións de The Holy Bible en concertos en Tailandia e Portugal e nun concerto benéfico para a Anti-Nazi League en Brockwell Park, Londres.[24] En xuño tocaron no Glastonbury Festival.[25] En xullo e agosto, sen Richey Edwards, tocaron no T in the Park en Escocia, no Alte Wartesaal en Colonia, no Parkpop Festival na Haia e no Reading Festival.[26] Durante os meses de setembro, outubro e decembro realizaron unha xira polo Reino Unido e Irlanda, e dúas na Europa continental con Suede e Therapy?.[27] En decembro, tres noites no London Astoria remataron coa banda esnaquizando o seu equipo e a instalación de iluminación do local, causando danos por valor de 26 000 libras.[28]
Desaparición de Richey Edwards
[editar | editar a fonte]
Edwards desapareceu o día 1 de febreiro de 1995, o día no que el e James Dean Bradfield ían voar aos Estados Unidos para unha xira promocional.[29] Nas dúas semanas anteriores á súa desaparición, Edwards retirara da súa conta 200 libras cada día, totalizando 2 800 libras o día do voo programado.[30][31] Saíu do Embassy Hotel en Bayswater Road, Londres, ás sete da mañá e despois conduciu ata o seu apartamento en Cardiff, Gales.[30][32] Nas dúas semanas seguintes foi supostamente visto na oficina de pasaportes de Newport[33] e na estación de autobuses da mesma cidade.[30][32] O 7 de febreiro un taxista de Newport supostamente recolleu a Edwards no King's Hotel, e levouno polos vales, incluíndo Blackwood (o fogar de Edwards cando era neno). O pasaxeiro baixou na estación de servizo de Severn View, preto de Aust, e pagou as 68 libras da viaxe ao contado.[32][34]
O 14 de febreiro o Vauxhall Cavalier de Edwards recibiu unha multa de aparcadoiro na estación de servizo de Severn View e o 17 de febreiro foi declarado abandonado. A policía descubriu que a batería estaba descargada, con evidencias de que alguén vivira no coche.[29][30][35] Debido a que a estación de servizo está preto da ponte de Severn, que era famoso por ser un lugar que a xente usaba para suicidarse,[36] crese que Edwars suicidouse saltando dende a ponte.[37]
Manic Street Preachers tivo un parón de seis meses e incluso consideraron seriamente disolver o grupo, pero coa aprobación da familia de Edwards o resto dos membros continuaron.[9] Edwards foi legalmente "presunto morto" en 2008, para que os seus pais puidesen administrar o seu patrimonio.[38][39] A banda segue configurando un micrófono para Edwards en cada actuación en directo.[40]
De Everything Must Go a Know Your Enemy
[editar | editar a fonte]O primeiro álbum sen Edwards, Everything Must Go, ten cinco cancións escritas ou co-escritas por Edwards, e foi editado con moi boas críticas. O disco editouse o 20 de maio de 1996 e a banda elixiu traballar co produtor Mike Hedges, principalmente polo seu traballo co sinxelo de Siouxsie & the Banshees "Swimming Horses".[41] Everything Must Go estreouse no número 2 da lista británica de álbums, e o disco chegaría a ser triplo platino no Reino Unido e o seu álbum máis exitoso ata a data, pasando 103 semanas no top 100 e aínda estando no top 5 un ano despois do seu lanzamento.[15] A meirande parte das letras foron escritas por Wire, incluídas as do sinxelo "A Design for Life", que acadou o posto número 2 nas listas e foi o primeiro en ser composto e publicado tras a desaparición de Edwards.
O disco foi nomeado para o premio Mercury de 1996 ao mellor álbum, e a banda gañou dous premios Brit, á mellor banda británica e mellor álbum británico,[4] ademais os seus sinxelos "Australia", "Everything Must Go" e "Kevin Carter" foron un éxito. O álbum vendeu máis de 2 millóns de copias en todo o mundo, e aínda segue sendo considerado un dos mellores lanzamentos da década,[42] un álbum clásico da década de 1990[43] e votado con frecuencia nas enquisas na categoría de mellores álbums de todos os tempos por moitas publicacións.[44] O éxito de Everything Must Go nos Brit Awards de 1997 fixo que as vendas dos seus álbums anteriores Generation Terrorists, Gold Against the Soul e The Holy Bible gozasen dun aumento tardío; vendendo por exemplo o seu álbum de estrea 110 000 copias extra.[9]
This Is My Truth Tell Me Yours, editado en 1998, tivo o mesmo éxito que o seu predecesor na meirande parte do mundo, e deulles á banda o seu primeiro sinxelo número 1, "If You Tolerate This Your Children Will Be Next". Fala sobre a guerra civil española e está inspirado a partes iguas polo relato de George Orwell Homage to Catalonia e pola canción de The Clash "Spanish Bombs". O disco tamén inclúe os exitosos temas "You Stole the Sun from My Heart", "Tsunami" e "The Everlasting". Novamente os Manics gañaron o BRIT á mellor banda británica na edición de 1999.
O 31 de decembro de 1999 tocaron no Leaving the 20th Century concert, celebrado no Millennium Stadium de Cardiff; o primeiro é máis garnde concerto celebrado alí, con 80.000 asistentes.
No ano 2000 a banda editou o sinxelo en edición limitada "The Masses Against the Classes". A pesar de ter pouca promoción, o sinxelo acadou a primeira posición na lista británica. O sinxelo saíu de catálogo o mesmo día do seu lanzamento, pero aínda así pasou sete semanas nas listas.
En 2001 converteuse na primeira banda popular de rock occidental en tocar en Cuba, no teatro Karl Marx, e os seus membros reuníronse co presidente Fidel Castro.[45] O concerto e a viaxe foron documentados e publicados en DVD baixo o título Louder than War.[46] Nese concerto revelaron varias cancións do seu sexto álbum, Know Your Enemy que foi editado o 19 de marzo. O tema "Ocean Spray" foi composto por James e fala da loita da súa nai contra o cancro. Os primeiros sinxelos do disco, "So Why So Sad" e "Found That Soul", foron publicados o mesmo día. "Let Robeson Sing" tamén foi editado como sinxelo.
O álbum de grandes éxitos e remesturas Forever Delayed foi lanzado no ano 2002 e contén dúas novas canións, "Door to the River" e o sinxelo "There by the Grace of God". Un disco de caras-b, rarezas e versións publicouse un ano despois co título Lipstick Traces, e contén a derradeira canción na que traballou Edwards.
Lifeblood e Send Away the Tigers
[editar | editar a fonte]
O sétimo álbum de estudio, Lifeblood, foi publicado o 1 de novembro do 2004 e acadou o número 13 na lista británica de álbums. As críticas ao disco foron variadas. O álbum foi máis introspectivo e máis centrado no pasado, Wire falou sobre as pantasmas que perseguían este disco e afirmou que o disco era unha retrospectiva. Tony Visconti axudou á banda a producir tres temas do traballo, que foi seguido dunha xira en grandes estadios polo Reino Unido en decembro dese ano. "Empty Souls" e "The Love of Richard Nixon" foron os dous sinxelos lanzados do álbum, acadando ámblos dous o número 2 no Reino Unido.[15]
Unha edición polo décimo aniversario de The Holy Bible foi publicada o día 6 de decembro de 2004, incluíndo unha versión dixitalmente remasterizada do álbum orixinal, unha mestura estadounidense pouco común (que a propia banda admintiu preferir antes que a británica)[47] e un DVD con actuacións ao vivo e material extra.
En abril de 2005 a banda realizou varios concertos como a xira Past-Present-Future, anunciada como a última durante polo menos dous anos. O grupo lanzou un EP titulado God Save the Manics cun número limitado de copias dispoñibles entregadas aos fans cando chegaban aos locais. Despois de que todas as copias se esgotasen, a banda puxo o EP dispoñible como descarga gratuíta no seu sitio web.[48] En setembro, a banda contribuíu co novo tema "Leviathan" ao álbum benéfico de War Child Help!: A Day in the Life.[49]
En 2006 a banda recibiu o premio Q Merit Award nos Q Awards, e o 6 de novembro dese ano estreouse a edición do décimo aniversario de Everything Must Go. Esta incluía o álbum orixinal, demos, caras b, remesturas, ensaios e tomas alternativas das cancións do álbum repartidas en dous CDs. Un DVD adicional, con vídeos musicais, actuacións en directo, aparicións en televisión, un documental de 45 minutos sobre a realización do disco e dúas películas de Patrick Jones, completaba o set de tres discos.[50]
O oitavo álbum de estudo da banda, Send Away the Tigers, foi lanzado o 7 de maio de 2007 a través de Columbia Records. O disco entrou nas listas de álbums do Reino Unido no número 2. A resposta da crítica ao traballo foi en gran parte positiva, e algúns críticos aclamaron o álbum como o mellor da banda nunha década. A descarga gratuíta dunha canción titulada "Underdogs" do álbum estivo dispoñible a través do sitio web do grupo o 19 de marzo de 2007.[50] O primeiro sinxelo oficial lanzado do álbum foi "Your Love Alone Is Not Enough", coa vocalista dos Cardigans Nina Persson. Segundo o cantante Bradfield, o título era a última liña dunha nota de suicidio que deixou o amigo de alguén próximo ao grupo.[51] Un segundo sinxelo, "Autumnsong", e un terceiro, "Indian Summer", lanzáronse en agosto. "Indian Summer" alcanzou o posto número 22, converténdoo no primeiro sinxelo dos Manics en non entrar no Top 20 dende "She Is Suffering" de 1994. A portada do álbum presenta unha cita de Wyndham Lewis: "Cando un home é novo, adoita ser un revolucionario dalgún tipo. Así que aquí estou, falando da miña revolución".[52]
Un sinxelo de Nadal, "The Ghosts of Christmas", foi lanzado como descarga gratuíta no sitio web oficial da banda durante decembro de 2007 e xaneiro de 2008. En febreiro de 2008 a banda recibiu o premio God-Like Geniuses na cerimonia dos premios NME.[53]
De Journal for Plague Lovers a National Treasures
[editar | editar a fonte]O noveno álbum dos Manics, Journal for Plague Lovers, lanzouse o 18 de maio de 2009 e conta con letras deixadas por Edwards. Wire comentou nunha entrevista que "había un sentido da responsabilidade de facer xustiza ás súas palabras",[54] e varias cancións fan referencia ao tempo de Edwards nun par de hospitais en 1994. O álbum foi lanzado con críticas positivas e alcanzou o número 3 na lista de álbums do Reino Unido. Porén, a portada do álbum xerou certa controversia, e os catro principais supermercados do Reino Unido meteron o CD nunha funda sinxela, xa que a portada foi considerada "inapropiada".[55]
O décimo álbum da banda, Postcards from a Young Man, gravouse co produtor Dave Eringa e mesturouse nos Estados Unidos da man de Chris Lord-Alge.[56] A portada do disco é unha fotografía en branco e negro do actor británico Tim Roth.[57] O primeiro sinxelo do álbum foi "(It's Not War) Just the End of Love", publicado en setembro de 2010. O traballo foi promocionado pola maior xira da banda polo Reino Unido ata ese momento[58] que comezou o 29 de setembro en Glasgow. British Sea Power foron os abreconcertos durante a xira. Publicáronse dous sinxelos máis do disco, "Some Kind of Nothingness" (con Ian McCulloch de Echo & the Bunnymen), e "Postcards from a Young Man". O primeiro destes dous sinxelos chegaría ao número 44 da lista británica, sendo o primeiro sinxelo dos Manics que non entrou no top 40 dende que a banda fichou por Sony en 1991.

O recompilatorio National Treasures - The Complete Singles publicouse o 31 de outubro de 2011, precedido polo lanzamento do sinxelo "This Is the Day", unha versión dun tema de The The. O 17 de decembro o grupo fixo o concerto 'A Night of National Treasures' no O2 Arena de Londres para celebrar os seus 25 anos. A banda interpretou os seus 38 sinxelos diantes dunhas 20 000, e tivo como invitados a Nina Persson de The Cardigans, que cantou no tema "Your Love Alone Is Not Enough", e a Gruff Rhys de Super Furry Animals, que cantou "Let Robeson Sing".[59][60] En abril e maio de 2012 a banda iniciou unha xira europea onde interpretou os seus grandes éxitos. O recompilatorio foi votado pola revista NME como a mellor reedición de 2011, por diante as reedicións de luxo do Nevermind de Nirvana.[61]
A pesar do título de "complete singles", National Treasures non contén todos os sinxelos de Manic Street Preachers. Entre as omisións destacables están o primeiro sinxelo do grupo, "Suicide Alley" (1989), "Strip It Down" do EP New Art Riot (1990), para a cal se gravou o primeiro video promocional do grupo,[62] e "You Love Us (Heavenly Version)" (1991). Para os sinxelos lanzados orixinalmente como dobre cara a, só se inclúe unha canción: polo tanto, de "Love's Sweet Exile/Repeat" (1992) e "Faster/P.C.P." (1994), só se inclúen os primeiros de cada parella.[50]
O sábado 20 de outubro de 2012 no Chapter Arts Center presentouse unha película-entrevista-documental sobre o seu álbum Generation Terrorists como parte do Festival Sŵn, con todos os beneficios doados a Young Promoters Network.[63] A película estivo dispoñible na reedición do 20 aniversario de Generation Terrorists.[64]
Rewind the Film e Futurology
[editar | editar a fonte]En maio de 2013 a banda anunciou unha xira australiano nos meses de xuño e xullo durante a que tocarían por primeira vez en Nova Zelandia.[65] A xira coincidiu coincidiu cunha xira dos British and Irish Lions de rugby por Australia, e no concerto de Melbourne a banda contou co centrar dos Lions Jamie Roberts como guitarrista en "You Love Us".[66]
En maio de 2013 a banda tamén publicou información sobre as súas sesións de gravación máis recentes, dicindo que tiña material suficiente para dous álbums, o primeiro deles case sen guitarras eléctricas. O nome e a listaxe de temas do primeiro dos traballos, Rewind the Film, revelouse o 8 de xullo.[67] Nun comunicado o grupo anunciou: "(Se) este disco ten unha relación co catálogo anterior de Manics, probablemente sexa o tranquilo paso á madurez que foi This Is My Truth Tell Me Yours".[68] A banda tamén afirmou a través de Twitter, "MSP estivo nos grandes Hansa Studios en xaneiro con Alex Silva (que gravou The Holy Bible connosco). Berlín foi unha inspiración... Sean estivo tocando un corno francés no estudo hoxe, soando marabilloso".[69] O sinxelo principal do álbum, "Show Me the Wonder", publicouse o día 9 de setembro de 2013 e foi recibido positivamente pola crítica. O disco lanzouse o 16 de setembro e chegou ao número 4 da lista do Reino Unido.[15] O seu segundo sinxelo, "Anthem for a Lost Cause", apareceu o día 25 de novembro.
O outro álbum, Futurology, foi publicado o 7 de xullo de 2014 e recibiu inmediatamente a aclamación da crítica. O seu sinxelo principal, "Walk Me to the Bridge", publicouse como descarga dixital o día do anuncio do disco, o 28 de abril.[70] O álbum vendeu ao redor das 20 000 copias na súa primeira semana e acadou o número 2 da lista británica.[15] O tema "Futurology" foi o segundo e derradeiro sinxelo publicado do traballo, aparecendo o 22 de setembro e cun video estreado en YouTube o 11 de agosto. O video estivo dirixido por Kieran Evans, que xa traballara coa banda en videos de Rewind the Film. Os Manics promocionaron o disco cunha xira polo Reino Unido e Europa de marzo a maio de 2014, aparecendo tamén en festivais durante o verán como o T in the Park en Escocia e o Glastonbury Festival.
En decembro de 2014, coincidindo co seu 20 aniversario, a banda fixo unha xira interpretando The Holy Bible na súa totalidade por primeira vez.[71] Despois do Reino Unido, o grupo continuou a xira por América do Norte, tocando en Washington DC, Toronto, Nova York, Boston, San Francisco, Os Ánxeles e Chicago.[72] Tamén tocaron no castelo de Cardiff o 5 de xuño de 2015 diante de 10 000 espectadores, sendo o concerto emitido a nivel nacional pola BBC Two Wales.[73] Nos NME Awards de 2015, o álbum gañou o premio á "Reedición do ano".[74]
Canción da selección de Gales e Resistance Is Futile
[editar | editar a fonte]En novembro de 2015 Manic Street Preachers anunciaron que ían celebrar o 20 aniversario do disco de 1996 Everything Must Go co seu maior concerto dende 1999, no Liberty Stadium de Swansea o 28 de maio de 2016 e con invitados como Super Furry Animals. O álbum foi interpretado na súa totalidade, con Nicky Wire adiantando "caras b, rarezas e curiosidade, garndes éxitos e unhas poucas cancións novas".[75] Antes do concerto de Swansea a banda tocou en no Echo Arena de Liverpool (13 de maio), no Genting Arena de Birmingham (14 de maio), no Royal Albert Hall de Londres (16 e 17 de maio), no First Direct Arena de Leeds (20 de maio) e no SSE Hydro de Glasgow (21 de maio).[76]
En marzo de 2016 a banda anunciou que publicaría unha canción para a selección de fútbol de Gales antes da Eurocopa de 2016 ese verán. O tema, titulado "Together Stronger (C'mon Wales)", foi lanzado o 20 de maio contando tamén cun video do grupo e o equipo galés. Os Manics chiaron: "É un gran orgullo poder anunciar que os Manics son os encargados de realizar a canción oficial da Eurocopa de 2016 de Gales: 'Together Stronger (C'mon Wales)'". Todos os beneficios da canción foron para o Princes Gate Trust and Tenovus Cancer Care.[77] O 8 de xullo a banda estivo no Cardiff City Stadium para darlle á benvida ao equipo tras ser eliminado da competición por Portugal nas semifinais, tocando un feixe de cancións incluída "Together Stronger (C'mon Wales)".[78] Na noite segunte, os Manics foron cabeza de cartel nun concerto no Eden Project de Cornualla, e máis tarde a banda obtivo os permisos para construír un novo estudo de gravación preto de Newport, Gales.[79] Para rematar o verán, os Manics pasaron a encabezar outros dous festivais, Wasa Open Air en Finlandia a mediados de agosto, e a finais de mes o Victorious Festival en Portsmouth. A banda tamén recibiu unha nomeación nos 25 Premios Cymru da Academia Británica á mellor emisión en directo no exterior polo seu concerto de 2015 no castelo de Cardiff, celebrando o 20 aniversario de The Holy Bible.[80]
En febreiro de 2017 a banda revelou un trailer dun documental titulado Escape from History, trazando a viaxe da banda dende The Holy Bible, pasando pola desaparición do letrista e guitarrista Richey Edwards, ata o grande éxito de Everything Must Go. O documental emitiuse en Sky Arts o 15 de abril.[81] A banda tamén declarou que lanzaría un álbum máis tarde nese ano.[82]

O grupo publicou unha edición especial do seu álbum Send Away the Tigers o 12 de maio de 2017 polo seu 10º aniversario. A edición especial contaba co álbum remasterizado ademais de caras b e rarezas en dous discos, xunto cun DVD coa actuación da banda en Glastonbury en 2007, imaxes de ensaios, un álbum pista por pista, e videos promocionais.[83]
O 17 de novembro de 2017 a banda anunciou que o seu décimo terceiro álbum, Resistance Is Futile, sería lanzado o 13 de abril de 2018.[84] Despois de moito atraso, a banda escribiu nun comunicado: "Os temas principais de 'Resistance Is Futile' son a memoria e a perda; a historia esquecida; a realidade confundida e a arte como escondedoiro e inspiración". "É obsesivamente melódico, en moitos sentidos facendo referencia tanto á enerxía inxenua de 'Generation Terrorists' como ao varrido orquestral de 'Everything Must Go'. Despois do atraso e das dificultades para comezar, o disco xuntouse moi rápido nos últimos meses grazas a un aumento de creatividade e un traballo duro da vella escola". Foi o primeiro disco que se gravou no estudio "Door to the River".[85]
En xaneiro de 2018 Manic Street Preachers asinou un contrato de publicación con Warner/Chappell Music, deixando despois de moito tempo Sony/ATV Music Publishing.[86]
O primeiro sinxelo de Resistance Is Futile, "International Blue", lanzouse como descarga o 8 de decembro de 2017. O segundo, "Distant Colours", foi lanzado, tamén como descarga, o 16 de febreiro de 2018.[87] Sobre o primeiro sinxelo a banda dixo que había certa enerxía inxenua e melancolía panorámica na canción que se reflicte en todo o álbum, comparándoo con "Motorcycle Emptiness". Ademais, o álbum centrouse en "(...)cousas que fan que a túa vida se sinta un pouco mellor. En lugar da miña miseria interiorizada, tentei poñer un sentido de optimismo nas letras escribindo sobre cousas que nos parecen realmente inspiradoras".[88]
Por outra banda, "Distant Colours" foi escrita por James Dean Bradfield, en vez de Nicky Wire, e inspirada no desencanto e no vello socialismo do laborista galés Aneurin Bevan. Dixo: "Musicalmente, o verso é abatido e melancólico e o estribillo é unha explosión de desilusión e bágoas".[89] O terceiro sinxelo, "Dylan & Caitlin", foi lanzado como descarga o 9n de marzo de 2018.[90] O cuarto sinxelo, titulado "Liverpool Revisited", trata sobre un día máxico na cidade, e Nicky dixo del que: "Foi na xira (de aniversario) de Everything Must Go e levanteime moi cedo ao amencer para pasear por Liverpool, cámara polaroid en man nun día temperado. Soa a cliché, seino, pero Liverpool ao sol adquire unha calidade hipnótica co Mersey e a pedra".[91] A banda tamén revelou que sería abreconcertos dos Guns N' Roses durante a súa xira do verán.[92] O quinto e derradeiro sinxelo, "Hold Me Like a Heaven", apareceu como descarga o 4 de maio. Wire dixo que a canción estaba inspirada musicalmente en "Ashes to Ashes" de David Bowie, algo sobre o que a banda quería escribir, e Nicky pensa que isto é o máis próximo que o grupo vai chegar, compartindo tamén as letras inspiradas no traballo de Philip Larkin.[93]
Resistance Is Futile vendeu unhas 24 000 copias na primeira semana, entrando ao número 2 na lista británica de álbums.[94] O disco foi a maior entrada nova na lista esa semana e en vendas físicas chegou ao número 1 tanto en CD[95] como en vinilo.[96]
En outubro de 2018 a banda anunciou o lanzamento dunha reedición de coleccionista polo vixésimo aniversario de This Is My Truth Tell Me Yours. O disco estivo dispoñible en formato dixital, CD e vinilo, coa edición de CD contando con demos extra, gravacións de ensaios en directo, remesturas e caras b. O álbum foi lanzado o 7 de decembro de 2018, e para promocionalo a banda saíu de xira na primavera e no verán de 2019, interpretando o álbum completo xunto con outros contidos.[97]
En marzo de 2020 os Manics anunciaron unha reedición de luxo do seu álbum Gold Against the Soul que sería lanzada o 12 de xuño dese ano. Entre o contido extra incluía demos inéditas, caras b da época, remesturas e unha gravación ao vivo. O CD foi publicado ademais cun libro de fotografías inéditas da época con anotacións escritas a man e letras da banda.[98] Ao día seguinte confirmaron en NME o seu seguinte álbum, aínda sen nome, e un segundo disco en solitario de Bradfield. O álbum do grupo, que incluía un tema chamado "Orwellian", foi descrito como "expansivo" e estaba previsto para ser lanzado no verán de 2021.[99]
The Ultra Vivid Lament e Critical Thinking
[editar | editar a fonte]O 14 de maio de 2021 os Manics anunciaron o título do seu décimo cuarto álbum: The Ultra Vivid Lament. O primeiro sinxelo do disco, "Orwellian", publicouse ese mesmo día.[100] "The Secret He Had Missed", o seu segundo sinxelo, apareceu o 16 de xullo. The Ultra Vivid Lament lanzouse o día 10 de setembro de 2021 e recibiu críticas xeralmente positivas: en Metacritic, o álbum ten unha puntuación media ponderada de 78 sobre 100 baseada en 12 recensións, indicando "críticas xeralmente favorables".[101] O disco vendeu 27 000 copias na súa primeira semana, outorgándolle á banda o seu segundo álbum número 1 do Reino Unido, gañando por pouco a Steps.[102]
En maio e xuño de 2022, Manic Street Preachers foron abreconcertos de The Killers nalgunhas das súas datas do Reino Unido. En setembro dese ano os Manics anunciaron unha xira polos Estados Unidos e Canadá xunto con Suede para o mes de novembro, sendo a primeira vez que as dúas bandas tocaban xuntas dende a súa xira europea en 1994.[103]
O 24 de xuño de 2023 a banda tocou no Glastonbury Festival. Falando co público do escenario Other Stage, Nicky Wire dixo: "A primeira vez que tocamos foi en 1994 e éramos os catro, tíñamos ao único e inigualable Richard Edwards con nós, oh si, pasámolo fodidamente ben. Todo o que podía saír mal saíu mal, foi fodidamente divertido, sabedes?"[104][105] Os catro membros foron honrados cun mural na súa cidade natal de Blackwood en abril de 2024, deseñado polo artista Paul Shepherd.[106]
O 29 de agosto de 2024 Manics publicou "Decline and Fall", o sinxelo principal do seu décimo quinto traballo, Critical Thinking, que foi anunciado en outubro dese ano. Critical Thinking ía ser lanzado inicialmente o 7 de febreuro de 2025,[107] pero foi adiado debido a atrasos na produción. O 31 de xaneiro de 2025, antes do lanzamento do álbum, publicouse o EP Brushstrokes of Reunion, formado polas cancións "Brushstrokes of Reunion", "People Ruin Paintings", "Hiding in Plain Sight" e "Decline and Fall" de Critical Thinking.[108] O álbum publicouse finalmente o 14 de febreiro.[109] O lanzamento coincidiu co 30 aniversario da desaparición de Richey Edwards.[110]
Nunha entrevista con NME en febreiro de 2025, Wire e Bradfield dixeron que estaban considerando facer o seu décimo sexto álbum cunha temática europea.[111]
Membros
[editar | editar a fonte]
Actuais
Antigos
|
Membros de xira actuais
Membros de xira pasados
|
Liña de tempo
[editar | editar a fonte]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Generation Terrorists | 1992 | Columbia Records |
Gold Against the Soul | 1993 | Columbia Records |
The Holy Bible | 1994 | Epic Records |
Everything Must Go | 1996 | Epic Records |
This Is My Truth Tell Me Yours | 1998 | Epic Records/Virgin Records |
Know Your Enemy | 2001 | Epic Records |
Lifeblood | 2004 | Epic Records |
Send Away the Tigers | 2007 | Columbia Records |
Journal for Plague Lovers | 2009 | Columbia Records |
Postcards from a Young Man | 2010 | Columbia Records |
Rewind the Film | 2013 | Columbia Records |
Futurology | 2014 | Columbia Records |
Resistance Is Futile | 2018 | Columbia Records |
The Ultra Vivid Lament | 2021 | Columbia Records |
Critical Thinking | 2025 | Columbia Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Final Farewell For A Cult Hero". web.archive.org. 2011-08-25. Archived from the original on 25 de agosto de 2011. Consultado o 2024-03-10.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Manic Street Preachers Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-03-10.
- ↑ "BBC Wales - Music - Manic Street Preachers - Richey Edwards". www.bbc.co.uk. Consultado o 2024-03-10.
- ↑ 4,0 4,1 "Manic Street Preachers". The BRIT Awards 2012. 2012-09-15. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o 2024-03-10.
- ↑ "From despair to success". news.bbc.co.uk. Consultado o 2024-03-10.
- ↑ "Manic Street Preachers interview". Official Charts (en inglés). 2011-10-31. Consultado o 2024-03-10.
- ↑ 7,0 7,1 "What's in a band name? Here are the stories behind the monikers". The Independent (en inglés). 2008-04-10. Consultado o 2024-03-13.
- ↑ "BBC Wales - Music - Manic Street Preachers - James Dean Bradfield". www.bbc.co.uk. Consultado o 2024-03-13.
- ↑ 9,00 9,01 9,02 9,03 9,04 9,05 9,06 9,07 9,08 9,09 9,10 9,11 9,12 9,13 Price 1999
- ↑ Johnson, Andy (2013-01-10). "[A1] ‘Suicide Alley’". Manic Street Preachers: A Critical Discography (en inglés). Consultado o 2024-03-14.
- ↑ "John Robb on Manic Street Preachers". BBC (en inglés). 2012-02-09. Consultado o 2024-03-15.
- ↑ Price 1999, p. 76
- ↑ Burrows, Marc (2012-11-05). "Manics Monday: Rain Down Alienation - Generation Terrorists’ key tracks.". DrownedInSound (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2015. Consultado o 2024-03-15.
- ↑ "Manic Street Preachers - Their 10 Best Tracks". NME. 2011-10-08. Archived from the original on 08 de outubro de 2011. Consultado o 2024-03-15.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 "Manic Street Preachers". Official Charts (en inglés). 1991-02-02. Consultado o 2024-03-15.
- ↑ "Welcome to Manic Street Preachers Fan Page". www.thisisyesterday.com. Consultado o 2024-03-15.
- ↑ "Manic Street Preachers: The Holy Bible — 10th Anniversary Edition, PopMatters". www.popmatters.com (en inglés). 2005-05-19. Consultado o 2024-03-22.
- ↑ "The Holy Bible - Manic Street Preachers". AllMusic (en inglés). Consultado o 2024-03-22.
- ↑ "Manic Street Preachers : The Holy Bible (Tenth Anniversary Edition)". NME (en inglés). 2005-09-12. Consultado o 2024-03-22.
- ↑ "Manics New Testament". Melody Maker. IPC Media: 4. 27 de agosto de 1994
- ↑ Clarke 1997, p. 117
- ↑ Simpson, Dave; Lynskey, Dorian; Simpson, Interviews by Dave (2006-07-28). "'You woke up on a Thursday and it smelled like a Top of the Pops day'". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-03-22.
- ↑ "Quintessential Newsnight". bbc.co.uk. BBC. 5 de agosto de 2005
- ↑ "Interview with Richey Edwards and Nicky Wire". Naked City. Season 2. Episode 6. London. 27 June 1994. Rapido TV. Channel 4
- ↑ "Glastonbury Festival - History". Glastonbury Festival - 21st-25th June, 2023 (en inglés). Consultado o 2024-03-22.
- ↑ Manic Street Preachers (2004). The Holy Bible: Tenth Anniversary Edition. Epic Records.
- ↑ "BBC - Wales - Music - Manic Street Preachers - Biography". www.bbc.co.uk. Consultado o 2024-03-22.
- ↑ Petridis, Alexis (2009-05-07). "'This album could seriously damage us'". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-03-22.
- ↑ 29,0 29,1 Price 1999, pp. 177-178
- ↑ 30,0 30,1 30,2 30,3 Beckett, Andy (2 de marzo de 1997). "Missing street preacher". The Independent on Sunday
- ↑ Price 1999, p. 178
- ↑ 32,0 32,1 32,2 Price 1999, p. 179
- ↑ Price 1999, p. 183
- ↑ Bellos, Alex (26 de xaneiro de 1996). "Music: Desperately seeking Richey". The Guardian. pp. T.010.
- ↑ "Ten-year tragedy of missing Manic" (en inglés). 2005-02-01. Consultado o 2024-03-23.
- ↑ Pidd, Helen (2008-11-29). "Richey Edwards case closed: how 14 years of hope ended". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-03-23.
- ↑ "Amy Winehouse joins iconic stars who died aged 27". BBC News (en inglés). 2011-07-24. Consultado o 2024-03-23.
- ↑ "Missing guitarist 'presumed dead'" (en inglés). 2008-11-24. Consultado o 2024-03-23.
- ↑ Cartwright, Garth (2008-11-26). "Richey Edwards". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-03-23.
- ↑ "The Disappearance of Richey Edwards: What Happened? – UniEel". web.archive.org. 2019-05-01. Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2019. Consultado o 2024-03-23.
- ↑ "And If You Need An Explanation: Manic Street Preachers interviewed". The Quietus (en inglés). Consultado o 2024-03-24.
- ↑ "Manic Street Preachers: The Complete Guide". Clash Magazine Music News, Reviews & Interviews (en inglés). 2014-06-18. Consultado o 2024-03-24.
- ↑ "Rocklist.net....NME Writers Best Of Lists....". www.rocklistmusic.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2024. Consultado o 2024-03-24.
- ↑ "Rocklist.net....NME: The 500 Greatest Albums Of All Time : October 2013". www.rocklistmusic.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2022. Consultado o 2024-03-24.
- ↑ Burkeman, Oliver (2001-02-19). "Manics' anti-US preaching at Havana show brings Cuba to its feet". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2025-02-16.
- ↑ "Louder Than War: Live in Cuba". 2001-09-24. Consultado o 2025-02-16.
- ↑ Manic Street Preachers (2004). The Holy Bible: Tenth Anniversary Edition. Epic Records
- ↑ "Manic Street Preachers / Official News (GLOBAL) / Postcards From A Young Man". web.archive.org. 2012-03-06. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2012. Consultado o 2025-02-16.
- ↑ "Help! A Day In The Life - War Child Records - War Child". www.warchild.org.uk (en inglés). Consultado o 2025-02-16.
- ↑ 50,0 50,1 50,2 Power, Martin (17 de outubro de 2010). Manic Street Preachers. Omnibus Press
- ↑ "All This Futile Beauty: Richey Edwards' Last Words". archive.ph. 2012-07-09. Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2016. Consultado o 2025-02-16.
- ↑ "When a man is young, he is usually a... @ MANICS.NL". web.archive.org. 2010-12-29. Archived from the original on 29 de decembro de 2010. Consultado o 2025-02-16.
- ↑ "Shockwaves NME Awards 2008: Manic Street Preachers claim Godlike Genius award". NME (en inglés). 2008-02-28. Consultado o 2025-02-16.
- ↑ Murray, Robin (31 de marzo de 2009). "Manic Street Preachers News: Manics Talk New Album". Idiomag.
- ↑ "Supermarkets cover up Manics CD" (en inglés). 2009-05-14. Consultado o 2025-02-16.
- ↑ "What's on: Manic Street Preachers". Lancashire Telegraph (en inglés). 2010-10-14. ISSN 0307-1235. Consultado o 2025-02-19.
- ↑ "Nuovo dei Manics a settembre - Indie-Rock.it". web.archive.org. 2011-07-22. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2011. Consultado o 2025-02-19.
- ↑ "Manic Street Preachers / Official News (GLOBAL) / Postcards From A Young Man". web.archive.org. 2012-03-06. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2012. Consultado o 2025-02-19.
- ↑ "Manic Street Preachers / Official News (GLOBAL) / Once In A Lifetime Christmas Party At O2 Arena, London, 17th December". web.archive.org. 2012-04-03. Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2012. Consultado o 2025-02-20.
- ↑ "Manic Street Preachers triumph at 'last British show for two years'". NME (en inglés). 2011-12-18. Consultado o 2025-02-20.
- ↑ "Rocklist.net....NME End Of Year Lists 2011...". music.co.uk. Consultado o 2025-02-20.
- ↑ Price 1999, p. 29
- ↑ "Manic Street Preachers / Official News (GLOBAL) / Manic Street Preach…". archive.ph. 2013-07-21. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2013. Consultado o 2025-02-20.
- ↑ "Manic Street Preachers – Generation Terrorists (20th Anniversary Edition)". The Line of Best Fit (en inglés). Consultado o 2025-02-20.
- ↑ "Manic Street Preachers announce Auckland show - Story - Entertainment…". archive.ph. 2013-06-15. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2013. Consultado o 2025-02-21.
- ↑ "Lion Jamie Roberts joins Manic Street Preachers on stage". BBC News (en inglés). 2013-06-29. Consultado o 2025-02-21.
- ↑ Martin, Dan (2013-05-20). "Manic Street Preachers set to release two new albums". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2025-02-21.
- ↑ Owens, David (2013-07-08). "Manic Street Preachers reveal details of new album Rewind The Film and a UK tour". Wales Online (en inglés). Consultado o 2025-02-21.
- ↑ Renshaw, David (2013-03-28). "Manic Street Preachers record new song with Cate Le Bon". NME (en inglés). Consultado o 2025-02-21.
- ↑ "Manics unveil Futurology, 'Bridge' video". Digital Spy (en inglés). 2014-04-28. Consultado o 2025-02-21.
- ↑ "Manic Street Preachers to tour classic 1994 album". BBC News (en inglés). 2014-09-23. Consultado o 2025-02-21.
- ↑ Fordham, Alex (2015-01-23). "Tickets for Manic Street Preachers North American Tour on sale". Manic Street Preachers (en inglés). Consultado o 2025-02-21.
- ↑ "Manic Street Preachers storm Cardiff Castle". www.gigwise.com. Consultado o 2025-02-21.
- ↑ "The full winners list at NME Awards 2015 with Austin, Texas revealed". NME (en inglés). 2015-02-18. Consultado o 2025-02-21.
- ↑ Hendicott, James (2015-11-09). "Manic Street Preachers announce 'Everything Must Go' 20th anniversary stadium gig in Swansea". NME (en inglés). Consultado o 2025-02-21.
- ↑ Hillyard, Kim (2015-12-07). "Manic Street Preachers add extra 'Everything Must Go' 20th anniversary tour dates". NME (en inglés). Consultado o 2025-02-22.
- ↑ Renshaw, David (2016-03-22). "Manic Street Preachers record Euro 2016 theme song for Wales football team". NME (en inglés). Consultado o 2025-02-22.
- ↑ "Welcome home - Wales' Manic day". BBC News (en inglés). Consultado o 2025-02-22.
- ↑ Daly, Rhian (2016-07-11). "Manic Street Preachers are setting up a new recording studio". NME (en inglés). Consultado o 2025-02-22.
- ↑ "Live Outside Broadcast". Bafta (en inglés). Consultado o 2025-02-22.
- ↑ "Manic Street Preachers: Escape From History". Spotlight Sony Music UK (en inglés). Consultado o 2025-02-22.
- ↑ Trendell, Andrew (2017-02-13). "See teaser trailer for new Manic Street Preachers film 'Escape From History'". NME (en inglés). Consultado o 2025-02-22.
- ↑ "Manics To Reissue Send Away The Tigers". The Quietus (en inglés). 2017-03-15. Consultado o 2025-02-22.
- ↑ "'Resistance Is Futile', Manic Street Preachers's new album, is released 6th Apr 2018.". Twitter. Consultado o 22 de febreiro de 2025.
- ↑ "Manic Street Preachers announce new album ‘Resistance Is Futile’". DIY (en inglés). 2017-11-17. Consultado o 2025-02-22.
- ↑ "Hot wire: Warner/Chappell sign Manic Street Preachers". Music Week. Consultado o 2025-02-22.
- ↑ Connick, Tom (2018-02-16). "Manic Street Preachers share new 'Distant Colours' single". NME (en inglés). Consultado o 2025-02-22.
- ↑ Trendell, Andrew (2017-12-08). "Manics: ‘New single ‘International Blue’ is the new ‘Motorcycle Emptiness". NME (en inglés). Consultado o 2025-02-22.
- ↑ "LISTEN: New Manic Street Preachers". The Quietus (en inglés). 2018-02-16. Consultado o 2025-02-23.
- ↑ Reilly, Nick (2018-03-09). "Manic Street Preachers release emotional new single 'Dylan & Caitlin'". NME (en inglés). Consultado o 2025-02-23.
- ↑ Gourlay, Dom (2018-03-20). ""People can tell if you don't mean it": DiS Meets Manic Street Preachers". DrownedInSound (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2025. Consultado o 2025-02-23.
- ↑ Britton, Luke Morgan (2018-03-12). "Manic Street Preachers to support Guns N' Roses on European tour". NME (en inglés). Consultado o 2025-02-23.
- ↑ Munropublished, Scott (2018-05-04). "Manic Street Preachers share striking video for new single Hold Me Like A Heaven". louder (en inglés). Consultado o 2025-02-23.
- ↑ "Official Albums Chart on 20/4/2018". Official Charts (en inglés). Consultado o 2025-02-24.
- ↑ "Official Record Store Chart on 20/4/2018". Official Charts (en inglés). Consultado o 2025-02-24.
- ↑ "Official Vinyl Albums Chart on 20/4/2018". Official Charts (en inglés). Consultado o 2025-02-24.
- ↑ Fordham, Alex (2018-10-22). "This Is My Truth Tell Me Yours’ 20 Year Collector’s Editions". Manic Street Preachers (en inglés). Consultado o 2025-02-24.
- ↑ Fordham, Alex (2020-03-11). "Gold Against The Soul Deluxe Re-Issue". Manic Street Preachers (en inglés). Consultado o 2025-02-24.
- ↑ Trendell, Andrew (2020-03-12). "Manic Street Preachers on their "expansive" new album and James Dean Bradfield's "electric" new solo record". NME (en inglés). Consultado o 2025-02-24.
- ↑ Trendell, Andrew (2021-05-14). "Manic Street Preachers share 'Orwellian' from 'The Ultra Vivid Lament' and announce UK tour". NME (en inglés). Consultado o 2025-02-24.
- ↑ "Ultra Vivid Lament by Manic Street Preachers" (en inglés). Consultado o 2025-02-24.
- ↑ "Manic Street Preachers win "titanic battle" against Steps to claim second Number 1 on Official Albums Chart". Official Charts (en inglés). 2021-09-17. Consultado o 2025-02-24.
- ↑ Strauss, Matthew (2022-09-13). "Suede and Manic Street Preachers Announce 2022 North American Tour". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2025-02-24.
- ↑ MacDonald, Keza; Beaumont-Thomas, Ben; Snapes, Laura; Mumford, Gwilym; MacDonald (now), Keza (2023-06-25). "Saturday at Glastonbury 2023: Rick Astley, Guns N’ Roses and Lana Del Rey – as it happened!". the Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2025-02-24.
- ↑ Colderick, Stephanie (2023-06-24). "Manics say 'we had a f***ing blast' as they blow away Glastonbury crowd". Wales Online (en inglés). Consultado o 2025-02-24.
- ↑ "Manic Street Preachers mural painted in hometown Blackwood". BBC News (en inglés). 2024-04-23. Consultado o 2025-02-24.
- ↑ alex.fordham (2024-11-13). "New album ‘Critical Thinking' Out 7th February 2025". Manic Street Preachers (en inglés). Consultado o 2025-02-24.
- ↑ Macbeth, Katie (2025-01-31). "Manic Street Preachers Release New Single, 'Brush Strokes of Reunion.'". Indie is not a genre (en inglés). Consultado o 2025-02-24.
- ↑ "Manic Street Preachers Critical Thinking Reviewed: Manics dial down the dialectic, dial up the tunes". Mojo (en inglés). 2025-02-06. Consultado o 2025-02-24.
- ↑ "Manic Street Preachers: Critical Thinking review – Consistency in a world gone mad, drab and sad". The Irish Times (en inglés). Consultado o 2025-02-24.
- ↑ Trendell, Andrew (2025-02-14). "Manic Street Preachers on their song about Morrissey and new album ‘Critical Thinking’: “The only thing I attack on this record is myself”". NME (en inglés). Consultado o 2025-02-24.
- ↑ 112,0 112,1 "Teenage kicks – remembering Manic Street Preachers' rock 'n' roll riot". Bbc.co.uk. 24 de outubro de 2021. Consultado o 25 de febreiro de 2025.
- ↑ "Manic Street Preachers star Nicky Wire pulls out of Biggest Weekend gig". Bbc.co.uk. 25 de maio de 2018. Consultado o 25 de febreiro de 2025.
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Gales |