The Futurist

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

The Futurist
Álbum de Shellac
Duración27:45
Xénero(s)post-hardcore, post-rock, rock experimental
Selo(s)autoeditado
Producido porSteve Albini
Cronoloxía
At Action Park The Futurist Terraform

The Futurist é un álbum da banda estadounidense de noise rock Shellac, publicado en 1997 pola propia banda só para os seus amigos. O álbum foi orixinalmente usado como música para unha actuación do grupo de danza contemporánea La La La Human Steps.[1]

A portada contén 779 nomes, un por cada copia do álbum. Na parte de abaixo hai un espazo en branco para que calquera non mencionado escriba o seu nome. Cada persoa que recibiu o álbum tiña o seu nome marcado na portada cun círculo; isto fíxose para identificar a un "culpable" se o disco remataba á venda.[1]

Por razóns descoñecidas, The Futurist nunca foi publicado comercialmente. Especulouse que puido ser debido a que Shellac non estaba satisfeito co produto final.[2] Un ano despois a banda editaría o seu segundo álbum, Terraform.

Movementos[editar | editar a fonte]

A música en The Futurist está dividida nun total de dez movementos. Versións compartidas a través de Internet dividiron o álbum en cinco movementos e en dúas caras (o dico foi editado só en vinilo).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Shellac ‎– Futurist". Discogs. Consultado o 16 de setembro de 2018. 
  2. "Shellac - The Futurist". Allmusic. Consultado o 16 de setembro de 2018.