Bad Brains
| Bad Brains | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||
Bad Brains é unha banda estadounidense de hardcore punk formada en Washington, D.C. en 1977. Está amplamente considerada como pioneira do hardcore punk,[1][2][3] aínda ques os seus membros opuxeronse ao uso deste termo para describir a súa música. Tamén é unha banda de reggae, aínda que en posteriores gravacións introduciron elementos doutros xéneros como funk, heavy metal,[1] hip hop e soul. Bad Brains son destacados seguidores do movemento Rastafari.
Orixinalmente formouse como un conxunto de jazz fusion baixo o nome de Mind Power, pero Bad Brains desenvolveu un son punk rock moi rápido e intenso que sería etiquetado como "hardcore", e adoitou a tocar máis rápido e con máis énfase que moitos dos seus compañeiros. O único factor da música da banda foi o feito de tocar ritmos máis complexos que outros grupos de hardcore punk, tamén adaptando uns "solos" e "riffs" de guitarra de estilo non punk nos seus temas.
Bad Brains separouse e reformouse varias veces ao longo dos anos, ás veces con diferentes vocalistas e/ou baterías. A formación clásica e actual está composta polo vocalista H.R. (Human Rights), o guitarrista Dr. Know, o baixista Darryl Jenifer e o batería Earl Hudson, irmán máis novo de H.R.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Bad Brains | 1982 | ROIR |
| Rock for Light | 1983 | Passport Records |
| I Against I | 1986 | SST Records |
| Quickness | 1989 | Caroline Records |
| Rise | 1993 | Epic Records |
| God of Love | 1995 | Maverick Records |
| I & I Survived | 2002 | Reggae Lounge |
| Build a Nation | 2007 | Megaforce Records |
| Into the Future | 2012 | Megaforce Records |
EPs
[editar | editar a fonte]| Álbum | Ano | Selo |
|---|---|---|
| Bad Brains | 1982 | Alternative Tentacles |
| I And I Survive | 1982 | Bad Brains Records |
| Spirit Electricity | 1991 | SST Records |
| The Omega Sessions | 1997 | Victory Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 "Bad Brains - Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2021-04-19.
- ↑ "Metroblogging DC: Washington, DC's 5th Gift To The World-Music (Bad Brains)". web.archive.org. 2008-01-29. Archived from the original on 29 de xaneiro de 2008. Consultado o 2021-04-19.
- ↑ "Virgin Music NZ - Bad Brains - Discography - Banned In D.c.". web.archive.org. 2007-09-28. Archived from the original on 28 de setembro de 2007. Consultado o 2021-04-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bad Brains |