Mogwai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mogwai (Logo).png
Mogwai Paredes de Coura.jpg
OrixeGlasgow, Escocia Escocia
Período1995 - presente
Xénero(s)post-rock, rock instrumental
Selo(s) discográfico(s)Chemikal Underground, Matador, Play It Again Sam, Rock Action, Sub Pop
MembrosStuart Braithwaite
Dominic Aitchison
Martin Bulloch
Barry Burns
Antigos membrosBrendan O'Hare John Cummings
Páxina webhttp://www.mogwai.co.uk/

Mogwai é unha banda escocesa de post-rock, formada en Glasgow en 1995. Está composta por Stuart Braithwaite (guitarra, voces), Barry Burns (guitarra, piano, sintetizador, voces), Dominic Aitchison (baixo) e Martin Bulloch (batería). As súas cancións adoitan a ser longas pezas baseadas nas guitarras e que contan con grandes contrastes de dinámica, melódicas liñas de baixo e pesado uso da distorsión e dos efectos.

Historia[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Stuart Braithwaite e Dominic Aitchison coñecéronse en abril de 1991, e catro anos despois formaron Mogwai co antigo amigo do colexio Martin Bulloch.[1] O nome da banda procede das criaturas da película Gremlins, aínda que o guitarrista Stuart Braithwaite comenta que "non ten un significado significativo e sempre pensamos en conseguir un mellor, pero como moitas outras cousas nunca o logramos".[2] 'Mogwai' significa "espírito malvado" ou "diaño" en cantonés. A banda estreouse en febreiro de 1996 co sinxelo "Tuner"/"Lower" e ao final do ano recibiu a distinción de "sinxelo do ano" da revista NME por "Summer", unha fazaña repetida a principios de 1997 con "New Paths to Helicon".[3] Despois de realizar un feixe de concertos a banda medrou coa introdución de John Cummings na guitarra, e o batería de Teenage Fanclub Brendan O'Hare que se incorporaron mentres gravaban o seu álbum de estrea Mogwai Young Team.[3]

Mogwai Young Team[editar | editar a fonte]

O disco, editado en outubro de 1997, chegou ao número 75 da lista británica de álbums, e contaba coa colaboración de Aidan Moffat de Arab Strap. En 1998 a banda tivo os seus primeiros postos nas listas cun sinxelo compartido con Magoo de versións de Black Sabbath que chegou ao número 60 no Reino Unido e cun EP de remesturas de "Fear Satan" que chegou ao número 57. No mesmo ano editouse un álbum de remesturas de temas da banda realizadas por Kevin Shields, Alec Empire e μ-ziq, Kicking a Dead Pig: Mogwai Songs Remixed.[4] A banda tamén remesturou temas para David Holmes e Manic Street Preachers.[4] O'Hare foi despedido despois do lanzamento do álbum.

Come On Die Young[editar | editar a fonte]

Barry Burns entrou na banda antes da gravación de Come On Die Young, o segundo álbum do grupo. Burns xa tocara algúns concertos con Mogwai como frautista e pianista ocasional. Segundo Stuart, Barry foi convidado á banda debido a que era unha persoa divertida. O álbum chegou ao número 29 no Reino Unido. A formación do grupo permaneceu inalterable dende 1998 ata novembro de 2015, cando John Cummings marchou para realizar outros proxectos. O músico escocés Luke Sutherland contribuíu tocando o violín (e máis recentemente con voces e guitarras) nos discos de Mogwai e nos seus concertos.

Rock Action[editar | editar a fonte]

O disco de 2001 Rock Action conseguiu a posición máis alta nas listas británicas da banda, chegando ao número 23. O álbum era menos guitarreiro que os anteriores, contando con more electronics; a larger than usual number of tracks also featured vocals, guest vocalists included David Pajo de Slint, Gruff Rhys de Super Furry Animals e Gary Lightbody de Snow Patrol. Shortly afterwards the band released "My Father My King", unha cacofónica canción de 20 minutos que pechaba os seus concertos na época de Rock Action, e foi facturada como unha peza complementaria do álbum.[5]

Happy Songs for Happy People[editar | editar a fonte]

O álbum de 2003 Happy Songs for Happy People continuou o movemento da banda cara o uso de electrónica e de arranxos máis espazosos. Foi o primeiro álbum do grupo en venderse ben nos Estados Unidos, chegando ao número 13 da lista da Billboard de álbums independentes e pasando unha semana na lista Billboard 200.[6] As recensións foron en xeral favorables, aínda que Pitchfork Media dixo en 2008 "... a recepción (do álbum) variou de media a favorable. Algúns loaron o alcance, a grandeza e a disposición da banda para explorar máis aló dos límites da dinámica silenciosa-ruidosa que dominaba; outros lamentaron unha falta do mesmo, chamando alternativamente a Happy Songs demasiado suave, demasiado pequeno, ou demasiado ríxido".[7]

Mogwai no Somerset House en 2007

Mr Beast[editar | editar a fonte]

En marzo de 2006 editouse o álbum Mr Beast, tanto en formato regular como nunha edición especial de luxo que traía un DVD documentando o proceso de gravación, titulado The Recording of Mr Beast. O disco foi descrito polo presidente de Creation Records, Alan McGee, como "probablemente o mellor álbum de art rock no que estiven involucrado dende Loveless. De feito,é posiblemente mellor que Loveless"[8] (referíndose ao influínte álbum de 1991 de My Bloody Valentine). AllMusic dixo do álbum que era "posiblemente o máis accesible aínda que sofisticado álbum que Mogwai editou".[9]

The Hawk Is Howling[editar | editar a fonte]

O sexto álbum de estudio da banda, The Hawk Is Howling, foi gravado dende finais de 2007 ata principios de 2008, e foi publicado en setembro de 2008. Foi o primeiro álbum de Mogwai que non contaba con voces, e tamén foi o primeiros en ser producido pola propia banda; o disco foi gravado por Andy Miller nos Chem19 Studios en Hamilton, South Lanarkshire, e mesturado por Gareth Jones nos Castle of Doom Studios de Glasgow.[10] O álbum xerou un EP, Batcat, que contaba coa canción título e tamén cunha colaboración con Roky Erickson, cantando en "Devil Rides".

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Mogwai Young Team 1997 Chemikal Underground
Come On Die Young 1999 Chemikal Underground, Matador Records
Rock Action 2001 Matador Records
Happy Songs for Happy People 2003 Play It Again Sam, MatadorPlay It Again Sam, Matador
Mr Beast 2006 Play It Again Sam, MatadorPlay It Again Sam, Matador
The Hawk Is Howling 2008 Wall of Sound
Hardcore Will Never Die, But You Will 2011 Rock Action Records, Sub Pop
Rave Tapes 2014 Rock Action Records, Sub Pop
Atomic 2016 Rock Action Records
Every Country's Sun 2017 Rock Action Records, Temporary Residence Limited

Álbums en directo[editar | editar a fonte]

Banda sonora orixinal[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Strong, Martin C. (2003) The Great Indie Discography, Canongate, ISBN 1-84195-335-0, p. 872
  2. "Mogwai - Frequently Asked Questions". mogwai.co.uk. 2006-04-21. Consultado o 2019-11-24. 
  3. 3,0 3,1 Strong, Martin C. (2003) The Great Indie Discography, Canongate, ISBN 1-84195-335-0, p. 872
  4. 4,0 4,1 Wolk, Douglas (maio de 1999). "Our Gang". CMJ New Music Monthly. 
  5. "Mogwai - My Father My King (album review ) | Sputnikmusic". www.sputnikmusic.com. Consultado o 2019-11-24. 
  6. "Mogwai Chart History". Billboard. Consultado o 2019-11-24. 
  7. "Mogwai: The Hawk Is Howling". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-11-24. 
  8. "POPTONES | QUESTIONS OF DOOM | Alan McGee". web.archive.org. 2006-09-29. Consultado o 2019-11-24. 
  9. "Mr. Beast - Mogwai | Songs, Reviews, Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2019-11-24. 
  10. "Mogwai - Recording The Hawk Is Howling". www.soundonsound.com. Consultado o 2019-11-24. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]