A banda formouna na primavera de 1984 o antigo batería de Mission of Burma e Molls Peter Prescott, sendo o único membro orixinal de Volcano Suns que quedaba cando o grupo separouse en 1991.[1][2] Os outros membros orixinais eran Gary Waleik e Steve Michener, que marcharían despois duns poucos meses, antes do lanzamento do primeiro álbum do grupo, para formar Big Dipper.[1][3] Prescott incorporou entón a Jeff Weigand ao baixo e a Jon Williams á guitarra. Esta segunda formación creou o álbum de estrea da banda, The Bright Orange Years (1985), ademais do segundo, All-Night Lotus Party (1986), ámbolos dous editados a través do desaparecido selo Homestead Records.[1] En 1987Bob Weston e Chuck Hahn substituíron a Weigand e Williams respectivamente para gravar Bumper Crop, o seu derradeiro álbum con Homestead.[1][4] No traballo tamén colaboraron Roger Miller tocando o piano e Gary Waleik o sitar.
En 1988 a banda asinou co selo de Greg GinnSST Records para publicar o seu cuarto álbum, Farced.[1] A formación foi a mesma que no seu anterior traballo, incluíndo a Miller no piano e a Waleik no sitar. No ano 1989 chegou o seu lanzamento máis experimental, Thing of Beauty, tamén a través de SST, no cal David Kleiler (anteriormente na banda Sorry) substituíu a Chuck Hahn na guitarra.[5] Esta sería a derradeiros formación de Volcano Suns. A bands moveuse ao selo independente baseado en ChicagoQuarterstick Records para editar o seu derradeiro álbum en 1991, Career in Rock.[1] O disco foi gravado por Steve Albini, que posteriormente traballaría con Bob Weston en Shellac.