Veruca Salt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Veruca Salt
Veruca Salt 2005 2.jpg
Veruca Salt no ano 2005
Orixe Chicago, Illinois, Flag of the United States.svg
Período 1993 - actualidade
Xénero(s) rock alternativo
Selo(s)
discográfico(s)
Minty Fresh, Outpost, Beyond Music, Sympathy For The Record Industry
Membros Louise Post
Steve Lack
Nina Gordon
Jim Shapiro
Antigos
membros
Nicole Fiorentino
Suzanne Sokol
Jimmy Madla
Gina Crosley
Stephen Fitzpatrickz
Stacy Jones
Kellii Scott
Mareea Patterson
Michael Miley
Eva Gardner
Toby Lang
Na rede
http://www.verucasalt.com/

Veruca Salt é un grupo de rock alternativo estadounidense procedente de Chigago (Illinois), xurdido en 1992 e liderado por Louise Post e Nina Gordon, as dúas principais compositoras da banda, completando a formación orixinal o baixista Steve Lack e o batería Jim Shapiro. O son da banda segue unha liña bastante similar ao de Pixies e principalmente a The Breeders, mesturado melodías bastante accesibles e de innegable sonoridade pop.

Biografía[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Veruca Salt foi formada en 1992 por Louise Post e Nina Gordon. O grupo chamouse así pola personaxe do mesmo nome do libro de Roald Dahl Charlie e a fábrica de chocolate. Despois de moitos ensaios e algúns concertos a banda asinou un contrato coa discográfica independente Minty Fresh Records de Chicago e gravou a súa primeira demo, que comezou a destacar na escena local. Ao longo de 1993 a banda saiu de xira e preparou as gravacións do seu primeiro disco, American Thigs, lanzado en xaneiro de 1994.

O disco converteuse nun dos favoritos da crítica e causou sensación no underground. Despois dalgúns concertos como teloneiros na xira de Hole, Veruca Salt chama a atención de varias grandes discográficas e acaba asinando coa Geffen, que relanza American Thighs. No verán de 1994, o sinxelo "Seether" convértese nun éxito nos Estados Unidos e a banda recibe o disco de ouro por 500.000 copias vendidas. Era o inicio dunha carreira bastante prometedora. Tamén foi branco de críticas que os acusaban de oportunistas por usar a escena independente da época como camiño máis doado para o éxito comercial.

Talvez como unha resposta aos críticos, xorde en 1996 o EP Blow it out your ass, it's Veruca Salt, producido por Steve Albini. O disco contiña 4 temas barullentos e distorsionados, lanzado polo selo independente Minty Fresh. De seguido, a banda pasou a traballar no seu segundo álbum, e o resultado é o pulido Eight Arms to Hold You, de 1997. Cheo de belas melodías e poderosas guitarras, o disco soaba a un hard rock máis tradicional, talvez como efecto da produción de Bob Rock, que traballara anteriormente en discos de bandas como Motley Crue, Metallica e Guns n'Roses. Logo o batería Jim Shapiro é substituído por Stace Jones. Eight Arms to hold you novamente alcanza o disco de ouro, a pesare de non ter ningún grande hit. Realmente, o desempeño do álbum nas listas decepcionou as perspectivas da discográfica e ata da propia banda, e pouco despois xurdiron rumores de que Veruca Salt estaríase separando. Os motivos eran os desentendimentos entre as líderes, Louise Post e Nina Gordon.

Saída de Nina Gordon[editar | editar a fonte]

A principios de 1998 os rumores confirmáronse e Nina Gordon anunciou a súa saída de Veruca Salt. Os seus proxectos despois de abandonar a banda incluían unha participación no álbum de James Iha (nese momento guitarrista de The Smashing Pumpkins) e a composición de cancións para un álbum en solitario, que acabou sendo lanzado en 2000.

Durante varios meses o futuro de Veruca Salt foi incerto, xa que perdera a unha das súas líderes-vocalistas-guitarristas. Pero en 1999, Louise Post anunciou que a banda continuaría. Post rompeu coa Geffen e lanzau o disco Resolver no 2000, através do selo independente Beyond. O disco non destacou tanto como os lanzamentos anteriores, pero Veruca Salt seguíu o seu camiño.

En 2001, Louise Post embarcou no proxecto paralelo de Courtney Love na banda Bastard. Ensaiaron algunhas cancións, pero despois dalgúns meses, Louise anunciou a súa saída do proxecto e viaxou aos Ánxeles para compor material para o seguinte álbum de Veruca Salt.

No ano 2005 a banda editou un EP e presentou a súa nova formación. A banda estaba composta por Louise Post, Stephen Fitzpatrick, o batería Kellii Scott e a baixista Nicole Fiorentino, e ese outono Veruca Salt completou unha xira polos Estados Unidos. O EP, editado por eles mesmos titulábase Lords of Sound and Lesser Things e estaba composto por seis novas cancións. Este foi o preludio do seu seguinte álbum, IV, editado en setembro do 2006.

Posteriormente os distintos membros da banda dedícaríanse a outros proxectos e en marzo de 2012 anunciarían oficialmente a través da súa páxina web que entrarían nun período de hiato indefinido.

Reunión[editar | editar a fonte]

O 15 de marzo de 2013 Veruca Salt anunciou a reunión da súa formación orixinal (Nina Gordon, Louise Post, Jim Shapiro e Steve Lack) a través do seu perfil de Facebook. O 29 de setembro dese ano informaron de que estaban a preparar material novo. O seu primeiro lanzamento chegou no Record Store Day 2014 co EP MMXIV, formado por dous temas nunha cara, "It's Holy" e "The Museum of Broken Relationships", e a reedición polo 20 aniversario do sinxelo "Seether" pola outra.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

EPs[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]