Starkaðr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Starkaðr ou Starkad é un heroe da mitoloxía nórdica. Aparece en tratado con profusión na Gesta Danorum pero tamén aparece en fontes islandesas. Descendente dunha liñaxe de xigantes, Aparece como un gran guerreiro que realiza unha manchea de feitos heroicos mais tamén moitos crimes. Odín xa predicira a súa existencia e outorgáralle tres vidas de home dándolle valentía, proporcións xigantescas e talento poético. Porén, o deus Thor éralle hostil, e destinouno a cometer un crime en cada vida que vivira.