Lingua emiliano-romañola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Sanmarinés»)
Emiliano-romañolo
Emiliàn e rumagnòl
Outros nomes:Sanmarinés
Falado en: Italia Italia
San Marino
Rexións: Emilia-Romaña
Total de falantes: 2 millóns
Posición: Non está entre as 100 primeiras
Familia: Indoeuropea
 Itálico
  Románico
   Italo-occidental
    Galoitálico
     Emiliano-romañolo
Escrita: Alfabeto latino
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non é oficial
Regulado por: Non ten regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: roa
ISO 639-3: ambos:
egl — Emiliano
rgn — Romañol
Mapa
Status

O emiliano-romañol está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O emiliano-romañolo (en emiliano-romañolo: Emiliàn e rumagnòl) ou sanmarinés é unha lingua románica do grupo galoitálico. Como ocorre co resto de linguas rexionais italianas, o emiliano-romañolo adoita ser referido como un dialecto do italiano, mais non só non provén deste senón que pertencen a familias lingüísticas distintas. Xa que logo, o emiliano-romañolo posúe morfoloxía, sintaxe e léxico de seu.

É falado na Italia noroccidental, Piacenza, Rávena, na Emilia-Romaña, Padana, sur da Lombardía (Mantua e Pavia), norte de Toscana (Lunigiana) e provincia de Pésaro, ademais de no Estado de San Marino, onde en 1993 era falado polo 83% da súa poboación (20.100 habitantes). Con todo, o número de falantes na Emilia-Romaña estímase en 3 500 000 aprox. (dato de 1987).

Uso[editar | editar a fonte]

O uso do Emiliano-Romañolo no pasado foi estigmatizado nas zonas de emiliano-falantes debido a unha serie de razóns históricas e sociais, falar o "dialecto" considerábase un signo de mala educación ou de baixa condición social. Hoxe parece que está a perder as súas connotacións negativas, os falantes nativos utilízano en ámbitos familiares e de amizade. Esta lingua tamén é comunmente utilizada na industria ou nos lugares de traballo da construción, onde non é raro que os inmigrantes estranxeiros o falen cos compañeiros de traballo.

Dialectos[editar | editar a fonte]

Os dialectos do emiliano-romañolo divídense en dous compoñentes principais, o emiliano e o romañolo, cada un dos cales inclúen distintos subdialectos.

Grupo Dialecto
Emiliano Emiliano oriental (Piacentino e Pavese-Vogherese)
Lunigiano
Carrarese
Massese
Emiliano centro-oriental (Parmigiano)
Emiliano central (Reggiano e Modenese)
Emiliano do sur (Boloñés)
Emiliano noroccidental (Ferrarese e Mantovano)
Romañolo Romañolo do norte
Romañolo do sur

Exemplos de vocabulario[editar | editar a fonte]

  • Si - , Ói (boloñés), (piacentino)
  • Non - (boloñés), No (piacentino)
  • Quérote - A t vói bän (boloñés), A t' vöi bëin (piacentino)
  • Grazas - A t aringrâzi (boloñés), A t' ringrasi (piacentino)
  • Bo día - Bån dé (boloñés), Bon giùran (piacentino)
  • Adeus - A se vdrän (boloñés), Arvëdas (piacentino)
  • Eu - , A (boloñés), Me, Mi (piacentino)
  • E - E
  • Canto é? - Quant véńnel? csa cåsstel? (boloñés), cus al custa, quant al custa, cus al vegna? (piacentino)
  • Como te chamas? - Cum t ciâmet? (boloñés), cma ta ciamat? (piacentino)
  • Chámome... - A m ciâm ... (boloñés), me/mi a m' ciam... (piacentino)
  • Árbore - Âlber (boloñés); pianta, ärbul (piacentino)
  • Cidade - Zitè
  • Café - Cafà (boloñés), café (piacentino)
  • Viño - Vén (boloñés), vëin (piacentino)
  • Auga - Âcua
  • Sol - Såul (boloñés), sul (piacentino)
  • Linguaxe - Längua (boloñés), lëingua (piacentino)
  • Mundo - Månnd
  • Paz - Pèś

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]