Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A familia de linguas romances (incompleto).
As linguas italo-occidentais son, nalgunhas clasificacións das linguas romances , o maior subgrupo destas. Componse de dous subconxuntos, italodálmata e occidental .
O grupo pirenaico-mozárabe consiste en dúas linguas separadas: o aragonés (relacionado co extinto navarroaragonés ) e o mozárabe .
O grupo galoibérico , que inclúe:
O subgrupo galorrománico , que inclúe:
As linguas occitano-romances do sur de Francia , que inclúen tódolos dialectos occitanos (como o gascón , auvernés...)
O subgrupo galoitaliano, que inclúe ao piemontés , ao lígur , ao lombardo , ao emiliano-romañol e ao véneto .
O subgrupo retorrománico, que inclúe ao romanche , ao ladino e ao friulano .
O subgrupo das linguas de oïl , que inclúen ao francés , e outras linguas faladas en Francia como o galó , o normando ou o arpitano .
O grupo iberorrománicas , que inclúe linguas como o galego , portugués , catalán , castelán , leonés etc.
As linguas en cursiva son linguas extintas As linguas entre paréntese son variedades da lingua da súa esquerda.