Emiliano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Emiliano
Aemilian.jpg
Nome completo Marcus Aemilius Aemilianus
Nacemento 207
  Xerba
Falecemento 253
  Spoleto
Relixión relixión na Roma antiga
Ocupación político
Cónxuxe Cornélia Supera
Cargos emperador romano
editar datos en Wikidata ]

Emiliano foi emperador só tres meses durante o ano 253. Naceu na illa de Xerba, na daquela provincia Mauritania (actual Tunisia). Pouco se sabe da súa vida. Foi cónsul e gobernador de Panonia e Moesia. Estivo casado con Gaia Cornelia Supera e non se sabe moito máis da súa vida persoal.

A súa suba ao trono[editar | editar a fonte]

Antoniniano co busto de Cornelia Supra, esposa de Emiliano

A paz vergoñenta que acordara cos godos o emperador Treboniano Galo non sentou nada ben no seo do exército. O rei Gniva, quen naquel intre mandaba sobre os dous grupos dos godos, ostrogodos e visigodos, tentou de que lle subisen a súa contribución en ouro, esixindo ao gobernador de Moesia o seu pago. Emiliano, alporizado por esta esixencia, polo pago do tributo e a paz acadada polo emperador, alentou ao seu exercito a loitar contra Gniva. Invadiu o seu territorio e dáo vencido, volvendo os godos mais aló do Danubio. Os propios soldados, ao se veren ceibes da humillación á que o tratado de Galo os sometera, nomearon emperador a Emiliano.

O Emperador, quen se atopaba en Roma, ao saber deste nomeamento, e, a pesar de que o exército de Emiliano era moi superior, sae para combatelo, enviando unha mensaxe ao comandante das tropas do Rhin, Valeriano, para que acudise a se xuntar con el para combater esta sublevación. Pero as tropas de Treboniano Galo e Emiliano se atoparon antes, e os lexionarios, ante a superioridade das de Emiliano, mataron ao emperador Treboniano Galo e ao seu fillo Hostiliano, para se xuntar coas novas tropas e volver a Roma.

Chega a Roma, e o Senado recoñece ao novo Emperador. Pero Valeriano, que se puxera en marcha cara a Italia, non recoñece este nomeamento, e continúa o seu avance. De novo repítese a historia, xa que as tropas de Emiliano, ao ver a superioridade das de Valeriano, matan a Emiliano, rematando o seu reinado en pouco mais de 80 días, polo que poucas cousas se saben do seu goberno.

Valeriano entra en Roma a finais do 253, sendo recoñecido inmediatamente como novo emperador, xa que ademais era de familia senatorial.

Imperio Romano

Segue a:
Treboniano Galo
Emiliano
Precede a:
Valeriano
Crise do século III