Boadicea
- Para a editorial galega véxase Boadicea Editora.
Boadicea | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | c. 30 |
Lugar de nacemento | Britania |
Falecemento | 61 |
Lugar de falecemento | Britania |
Causa | envelenamento |
Ocupación | Raíña dos icenos |
Cónxuxe | Prasutagus |
Na rede | |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Boadicea, tamén coñecida como Boudica ou en galés como Buddug,[1] foi raíña da tribo dos icenos, en Britania, unha tribo celta que liderou a rebelión conta as forzas do Imperio Romano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O home de Boudica, Prasutagus, gobernante dos icenos, gobernou como un aliado independente de Roma, deixando o seu reino ás súas fillas e ó emperador romano no seu testamento; porén, cando morreu, o seu testamento foi ignorado e o seu reino foi anexionado, Boadicea foi azoutada e as súas fillas foron violadas.
No ano 60 ou 61, mentres o gobernador romano, Caio Suetonio Paulino, estaba liderando unha campaña na illa de Anglesey na costa noroeste de Gales, Boadicea revelou ós icenos, ós trinovantes e a outras tribos contra o imperio.[2] Destruíron Camulodunum (a moderna Colchester), antiga capital dos trinovantes, que se convertera nunha colonia romana. Os soldados romanos establecéranse e erixiron un templo ó emperador Claudio a expensas dos trinovantes. Oíndo as novas da revolta, Suetonio correu a Londinium (Londres), o foco de comercio que era o próximo obxectivo dos rebeldes. Atopouse con que non tiña soldados suficientes para defender o asentamento, polo que foi evacuado e abandonado. 100.000 homes liderados por Boadicea queimaron e destruíron Londinium e Verulamium (St Albans) e a Legio IX Hispana foi dividida en grupos.[3][4] Estímase que entre 70.000 e 80.000 romanos e bretóns morreron nesas tres cidades.[5] Suetonio, reagrupou ás súas forzas nas Midlands do Oeste e malia a desvantaxe en número, derrotou ós celtas na Batalla de Watling Street.
A crise fixo que o emperador Nerón considerase retirar tódalas forzas romanas de Britania, pero a vitoria de Suetonio sobre Boadicea asegurou o control romano na provincia. Boadicea matouse ela mesma, polo que non puido ser capturada, ou ben caeu enferma e morreu segundo se cite aTácito[6] ou a Casio Dio.[7]
A ausencia de literatura británica nativa a comezos do primeiro milenio significou que os coñecementos sobre a rebelión de Boadicea proceden exclusivamente dos escritos romanos. O interese polos eventos desta historia reviviu durante o renacemento inglés e levou a un rexurdimento da fama de Boadicea durante a época vitoriana, cando a Raíña Vitoria tomouna como o seu homónimo.[8] Boadicea ficou como un importante símbolo cultural no Reino Unido.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Davies, John (1993). A History of Wales. Londres: Penguin. pp. 28. ISBN 0-14-014581-8.
- ↑ Hingley, Richard; Unwin, Christina, Boudica: Iron Age Warrior Queen, Hambledon Continuum; New Ed edition (15 de xuño de 2006), ISBN 978-1-85285-516-1, p.44 e 61
- ↑ N. Davies, The Isles: A History, 2008, p. 93.
- ↑ S. Dando-Collins, Legions of Rome: The definitive history of every Roman legion, 2012
- ↑ Tacitus, Annals 14.33
- ↑ Tacitus, Agricola 14-16; Annals 14:29-39
- ↑ Casio Dio, Roman History .html#1 62:1-12
- ↑ The Gentleman's Magazine. 1854.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boadicea ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Os icenos no British Museum (en inglés)
- James Grout: Boudica, part of the Encyclopædia Romana
- Trying to Rule Britannia; BBC; 6 de agosto de 2004
- Os icenos en Roman-Britain.co.uk
- Os icenosen Romans in BritainArquivado 02 de novembro de 2005 en Wayback Machine.