Cliente (Roma antiga)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Na sociedade da antiga Roma, un cliente (en latín, cliens) foi un plebeo que se asociaba cun patrón benfeitor (en latín, patronus).

Historia e características[editar | editar a fonte]

As relacións de clientela (do latín cluere,’acatar’, ‘obedecer’) consistían en acordos privados, e por iso fóra do control estatal, polo que unha persoa (de familia empobrecida ou estranxeira) puña os seus servizos e voto á disposición dun patrón poderoso a cambio da súa protección e axuda económica.[1] Esta relación de padroado iniciouse segundo a lenda por Rómulo para unir aos patricios e plebeos, de maneira que un podía vivir sen envexa e o outro sen falta de respecto.

O costume do padroado estendeuse e na antiga Roma non só familias senón tamén cidades enteiras e provincias seguiron este modelo. Por exemplo, Sicilia no século -III púxose baixo a clientela, ou protección, de Marco Claudio Marcelo.

A condición de cliente, co tempo, converteuse nunha forma moderada de escravitude e mesturouse con outras relacións similares dos pobos xermánicos, como a relación de séquito ou Gefolgschaft, vínculo persoal de lealdade establecido entre un xefe e os seus secuaces durante o tempo dunha campaña guerreira. Os celtas tiñan, pola súa banda, a relación de vasalaxe, que non era temporal como a de séquito, senón permanente e por tanto presumibelmente non voluntaria. Estas relacións conviviron en porcentaxes variábeis segundo a debilidade do cliente, e formaron o embrión do Feudalismo durante a Idade Media.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Manual de Derecho Romano. Historia e Instituciones. Luís Rodolfo Arguello. Año 2000. ISBN 950-508-101-4. Editorial Astrea. Buenos Aires, Arxentina.