Fol (pneumático)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fol ou barquín nunha forxa.

Un fol ou fole é un dispositivo mecánico cuxa función é a de conter ar para expelelo a certa presión e en certa dirección para diversos fins. Basicamente, un fol é un contedor deformábel o cal ten un bico de saída. Cando o volume do fol diminúe, o ar sae expulsado do mesmo a través dun bico. Un típico fol ten tamén unha entrada e saída de ar separadas ou valvas de non retorno (valva check), o que asegura que o ar entre e saia nunha dirección determinada. Noutros termos, pódeselle considerar como unha especie de bomba pneumática.

Usos[editar | editar a fonte]

Metalurxia[editar | editar a fonte]

Antigo fol usado nas forxas.
Bomba de fol.

Durante numerosos procesos, tales como a fundición ou a forxa de metais e incluso a soldadura, requírese moita calor, o cal só puido desenvolverse a través da invención do fol. Os foles son usados para achegar ar ao combustíbel elevando o nivel de combustión e consigo a cantidade de calor. Varios tipos de foles úsanse na metalurxia.

  • Fol de caixa (usados tradicionalmente en Asia.)
  • Fol de ola
  • Fol de acordeón
  • Fol de émbolo
  • Fol axial

O antigo enxeñeiro chinés Du Shi nalgunha ocasión usou o poder do movemento das caídas da auga para accionar foles de altos fornos para a forxa do ferro, contra o século III a. C.. Os antigos gregos e os romanos e outras civilizacións usaron os foles en fornos onde se producía ferro coado. Na industria moderna os foles reciprocantes son usualmente substituídos por ventiladores motorizados.

Instrumentos musicais[editar | editar a fonte]

Órgano barroco do Mosteiro de las Huelgas (Valladolid), c. 1706. Obra de Juan Casado Valdivielso

Nalgúns instrumentos musicais, os foles úsanse frecuentemente coma un substituto ou regulador do ar a presión provista polos pulmóns humanos.

Os instrumentos a seguir usan foles:

Os reloxos de cuco tamén usan un fol para xerar o clásico son.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Archaeogate, Egiptología
  2. Museo Davistown
  3. Gernet, Jacques, trans. by J. R. Foster (1972): A History of Chinese Civilization, Cambridge University Press.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]