Icenos
Os icenos (en latín: iceni) foron unha tribo britona que habitou unha área de Inglaterra que correspondería máis ou menos co que hoxe é o condado de Norfolk, entre os séculos -I e I. Os cenimagnos que se renderon a Xulio César durante a súa segunda expedición a Britania no ano -54, puideron ser unha parte da tribo icena.[1]
Hai probas arqueolóxicas da súa existencia, representadas por torques, pesados colares de ouro, prata ou elektron, que estaban deseñados para ser levados arredor do pescozo e que sinalaban a quen os portaba como pertencentes á nobreza.
Os icenos comenzaron a acuñar moeda contra o 10 a. de C., creando unha adaptación especial do deseño galo “cara/cabalo”, pero nalgunhas moedas máis antigas, sobre todo da zona preto de Norwich, o cabalo foi substituído por un porco ou xabaril. O primeiro nome rexistrado que aparece nas moedas é o de “Antedios” cara ao -10, seguíndolle nomes abreviados como AESU e SAEMU.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Iceni en Roman-Britain.co.uk (en inglés)
- Icenien Romans in BritainArquivado 02 de novembro de 2005 en Wayback Machine. (en inglés)