Río Castro, ría de Lires
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
| ||||
Tipo | río curso de auga | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | |||
Localización | Vimianzo | |||
Final | ||||
Localización | Ría de Lires | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 200 m | |||
Dimensións | 30 () km | |||
Medicións | ||||
Caudal | 5,2 m³/s | |||
O río Castro é un río galego da provincia da Coruña, que verte as súas augas ao océano Atlántico na pequena ría de Lires.
Descrición
[editar | editar a fonte]Fontes
[editar | editar a fonte]O río Castro nace a uns 200 m de altura na aba do monte Escaleira, de 344 m, no concello de Vimianzo.
Percorrido
[editar | editar a fonte]Atravesa o val desa localidade. Fai de linde entre os municipios de Muxía e Dumbría primeiro, e logo entre Muxía e Cee. Logo de 30 Km de percorrido vai desembocar na ría de Lires. A súa cunca, limitada ao norte pola do río Grande, e ao sur pola do río Xallas, cobre unha área de 140 Km².
Afluentes
[editar | editar a fonte]Recibe varios regatos por ambas as dúas beiras. Algúns deles son o río Fragoso e o rego de Xerpe pola esquerda e o río do Monte e o rego de Vilachán pola dereita.
Réxime hídrico
[editar | editar a fonte]O Castro é un río de réxime pluvial de tipo oceánico. Recolle 1.494 mm de precipitacións medias na súa bacía hidrográfica, aínda que na cabeceira se superan os 2.000 mm. O seu caudal absoluto medio, na foz, é de 5,2 m³/s.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Castro, ría de Lires
-
Río Castro, Lires, Cee.
-
Río Castro, Lires, Cee.