Batalla de Pedroso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Batalla de Pedroso
Parte de Rebelión do Condado Portucalense
Data 18 de xaneiro de 1071
Lugar Mire de Tibães
Resultado Vitoria do rei García de Galicia
Cambios territoriais Desaparición do primeiro condado Portucalense
Belixerantes
Bandeirareinogaliza.svg Reino de Galicia PortugueseFlag1095.svg Condado Portucalense
Líderes
García I de Galicia Nuno II Mendes, conde portucalense
Forzas en combate
200-300 50-100
Baixas
60 25

A Batalla de Pedroso foi un conflito armado que ocorreu o 18 de xaneiro de 1071 no lugar de Pedroso, preto da freguesía de Mire de Tibães (hoxe no concello de Vila Nova de Gaia),[1] no que Nuno II Mendes, entón conde de Portucale, sublevado contra o seu rei, e pretendendo a independencia do seu condado, non conseguiu conter a García I, perdendo a batalla e a vida.

A consecuencia directa da confrontación foi a supresión do condado portucalense, que pasou a posesión directa dos reis de Galicia, que o reterían até 1090, ano en que Afonso VI o cedería como feudo á súa filla Tareixa e ao seu esposo Henrique de Borgoña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. José Carlos Gonçalves Peixoto (3 de decembro de 2007). "História por um Canudo". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]