Afonso V o Nobre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Afonso V de León e Castela»)
Afonso V o Nobre
Miniatura medieval de Afonso V no Libro dos Testamentos (fol. 53v).
999-1028
PredecesorVermudo II

Coroación1008
Nacemento994
Falecemento1028
Viseu
SepulturaMosteiro de Isidoro de León
Cónxuxe/sElvira Menéndez de Melanda
Urraca Garcés
DescendenciaVermudo III
Sancha I
Ordoño II
ProxenitoresVermudo II
Elvira García

Na rede
WikiTree: León-131

Afonso V o Nobre, Galleciensis Regis[1], Rex Gallitianus[2] (rei de Galicia) tamén coñecido como Afonso V de León, nado no 994 ou 995 e finado en Viseu en 1028[3], foi rei da Galiza altomedieval entre os anos 999 e 1028 coa súa capital na cidade de León.

Biografía[editar | editar a fonte]

Afonso V e a súa muller Elvira no Corpus Pelagianum.

Herdou o trono no 999, tralo falecemento de Vermudo II, quedando baixo a tutela da súa nai, dona Elvira, e do aristócrata galego Mendo Gundisalviz. Casou en 1015 con Elvira Meendiz (filla de Mendo González e de Dona Toda) e en 1023 con Urraca Garcés de Pamplona (filla de García Sánchez de Navarra e de Ximena Fernández).

Ese mesmo ano acadou a maioría de idade, herdando un reino cheo de inestabilidade política. Tamén en 1017 morreron a súa nai, até entón rexente, e os tres nobres máis importantes do reino: o conde de Castela, o xefe dos Beni Gómez e Mendo Rodríguez, que foran fonte de problemas na rexencia anterior. Afonso V quixo dar un xiro á administración, creando un novo marco xurídico.

Reconstruíu a cidade de León, que fora danada polos ataques de Almanzor, e reuniu os nobres en Curia Plena para a elaboración e posterior aprobación do Foro de León. Este Foro é a sanción xurídica do feudalismo leonés. Buscaba pór fin ás desordes da etapa anterior e recuperar o poder real. Reciben o nome de Foro de León un conxunto de preceptos decretados nun concilium reunido na catedral de León en 1020. A estes 20 preceptos engadíronselle outros 28 que regulaban a vida local na cidade de León.

Faleceu no asedio da praza de Viseu, en Portugal. O seu fillo Vermudo III herdou a coroa no 1028. Tivo dúas fillas: Sancha (nacida de Dona Elvira) e Xemena (nacida de Dona Urraca).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Santos Coco, Francisco (ed.). Historia Silense (1921 ed.). p. 64. 
  2. Chavanon, Jules (ed.). Chronique Adémar de Chabannes (1897 ed.). p. 195. 
  3. Flórez (1793), p. 193: da como data da morte 1027

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Os reis e as raíñas da Galiza.
Afonso V e Elvira Mendes.
Un tempo novo para o Reino da Galiza.

(Nós Diario, 05.10.2022)

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Reino de Galiza

Segue a:
Vermudo II
Afonso V o Nobre
Precede a:
Vermudo III
Dinastía dos Ordoñez (910-1037)