Vermudo III
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Vermudo III | |
---|---|
Rei de Galicia Rei de León | |
![]() | |
Retrato imaxinario do rei Bermudo III. | |
Reinado | 1028 - 1037 |
Nacemento | 1017 |
Falecemento | 4 de setembro de 1037 Batalla de Tamarón |
Sepultura | Panteón de Reis de San Isidoro de León
|
Predecesor | Afonso V o Nobre |
Sucesor | Fernando I de León |
Descendencia | Afonso (1030-1030) |
Proxenitores | Afonso V o Nobre |
![]() | |
Na rede | |
![]() | |
Vermudo III foi rei da Galicia altomedieval[a] e do Reino de León[b] entre os anos 1028 e 1037.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do rei Afonso V o Nobre e a aristócrata galega Elvira Meendiz, casou con Ximena, filla de Sancho García, conde de Castela, e irmá da esposa de Sancho III O Maior de Navarra.
Herdou o goberno de Galicia (León), con apenas 17 anos de idade, sendo recoñecido como imperator in Gallecia", é dicir, "emperador en Galicia"[1], desde a cidade de León -entón capital do reino- tivo que facer fronte ás reclamacións territoriais que o reino de Navarra mantiña sobre o condado de Castela.
Tentou por esta razón propiciar un matrimonio entre a súa irmá, Sancha co conde castelán García Sánchez de Castela. Ao ser asasinado o conde castelán nas vésperas da voda pola familia rival (a familia Vela), herda o condado de Castela o rei navarro Sancho III O Maior que o cede ó seu fillo Fernando quen remata por casar con Dona Sancha. O feito de que o xove Vermudo III encabezase a primeira liña da carga de cabalería e morrera dunha lanzada, permitiu aos navarros e casteláns vencer na batalla de Tamarón. Coa morte de Vermudo III, o trono galego recae na súa irmá, Sancha, que sería coroada como raíña. Finalmente, o casamento de Fernando propiciará que este sexa considerado "rei consorte" de Galicia (León).
Notas[editar | editar a fonte]
Vermudo III Ordóñez Nacemento: 1017 Falecemento: 4 de setembro 1037
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Afonso V
|
Rei de Galicia 1027–1037 |
Sucedido por Sancha I |
Títulos Honoríficos | ||
Precedido por Nova titulación
|
Emperador de Galicia 1028–1037 |
Sucedido por Descoñecido |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Documento do ano 1029. San Juan de la Peña. [1][Ligazón morta].