Saltar ao contido

Leonor Teles de Meneses

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeonor Teles de Meneses

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1350 Editar o valor en Wikidata
Tras os Montes e Alto Douro, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte27 de abril de 1386 Editar o valor en Wikidata (35/36 anos)
Tordesillas, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro Real de Santa Clara de Tordesillas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rexente Reino de Portugal
Raíña de Portugal
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña de Portugal Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Teles de Meneses (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeFernando I de Portugal (1371 (Gregoriano)–)
João Lourenço da Cunha , divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaXoán Fernández de Andeiro Editar o valor en Wikidata
FillosÁlvaro da Cunha, senhor de Pombeiro
 () João Lourenço da Cunha
Beatriz de Portugal
 () Fernando I de Portugal Editar o valor en Wikidata
PaisMartim Afonso Telo de Meneses Editar o valor en Wikidata  e Aldonca de Vasconcellos Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoão Afonso Telo de Meneses, 6.º conde de Barcelos
Gonçalo Telo de Menezes, Conde de Neiva e Faria, Senhor de Castanhede
Maria Telles de Meneses
Juana Téllez de Meneses Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Telles_de_Meneses-1

Leonor Teles de Meneses, cognominada A Aleivosa, nada en Tras os Montes c. 1350 e finada en Tordesillas o 27 de abril de 1386, foi raíña de Portugal entre 1371 e 1383, polo seu matrimonio con Fernando I, con quen casou o 15 de maio de 1372. En febreiro de 1373, nacía Beatriz de Portugal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sobriña de Xoán Afonso Telo de Meneses, conde de Barcelos, descendía polo seu pai (Martín Afonso Tello de Meneses) do rei Froila II de Asturias e León e, pola súa nai (Aldonça Anes de Vasconcelos) de Teresa Sánchez, filla bastarda do rei Sancho I de Portugal.

Coa morte de Fernando o 22 de outubro de 1383, Leonor asumiu a rexencia do reino e o seu amante galego Xoán Fernández de Andeiro pasou a vivir no pazo real. Esta ligazón desagradou principalmente ao pobo, á burguesía e a parte da nobreza, que odiaban a rexente e temían un matrimonio cun soberano vencellado á coroa castelán-leonesa.

Xoán, Mestre de Avis, apoiado por un grupo de nobres, entre os que Álvaro Pais, e o mozo Nuno Álvares Pereira foi animado polo descontento xeral a asasinar o conde de Andeiro. A acción tivo lugar no pazo, a 6 de decembro de 1383, e iniciou o proceso de obtención da rexencia en nome do infante Xoán

Leonor fuxiu de Lisboa, fiel ó Mestre de Avis, e refuxiouse en Ourense e logo en Santarém, cidades fieis á causa da raíña, onde intentou manobrar politicamente a súa continuidade no poder. Porén, co desenvolvemento do conflito entre o Mestre de Avis e o rei castelán, a rexente perdeu espazo de manobra e acabou por ceder a rexencia a Beatriz, esposa de Xoán I de Castela.

Coa vitoria do partido do Mestre de Avis na guerra civil, este converteuse en rexente e despois rei, e Xoán I de Castela, xenro de Leonor, internouna no mosteiro de Tordesillas, preto de Valladolid, onde viría a falecer.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.