Sebastián I de Portugal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 20 de xaneiro de 1554 (Gregoriano) Pazo da Ribeira, Portugal |
| Morte | 4 de agosto de 1578 (Gregoriano) Ksar El Kebir, Marrocos |
| Causa da morte | morte en combate |
| Monarca de Portugal | |
| 11 de xuño de 1557 – 4 de agosto de 1578 ← Xoán III de Portugal – Henrique I de Portugal → | |
| Gran Mestre da Orde da Torre e Espada | |
| | |
| Datos persoais | |
| Outros nomes | O Desejado |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Carreira militar | |
| Conflito | Batalla de Alcazarquivir |
| Outro | |
| Título | Rei de Portugal |
| Familia | Dinastía de Avis |
| Pais | João Manuel, Príncipe de Portugal |
| Cronoloxía | |
| nacemento póstumo | |
| Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Granat |
Sebastián I de Portugal, nado en Lisboa o 20 de xaneiro de 1554 e finado en Alcácer Quibir (Marrocos) o 4 de agosto de 1578, foi Rei de Portugal. Por mor de ser o herdeiro esperado para dar continuidade á dinastía de Avis, foi alcumado de "O Desexado" é tamén lembrado como "O Cuberto" ou "O Durmido", debido á lenda que se refire ao seu regreso do campo de Batalla de Alcácer Quibir nunha mañá de neboeiro, para salvar a nación.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era neto de Xoán III, a quen sucedeu aos tres anos. Ata os 14 anos, o reino tivo como rexentes a Catarina de Austria e o seu tío avó Cardeal Henrique de Évora. Aos 14 anos, D. Sebastián asume o goberno. Soñaba con batallas, conquistas e a expansión da fe, profundamente convencido de que sería o capitán de Cristo nunha nova cruzada contra os musulmáns do Norte de África.
Na batalla de Alcácer-Quibir, o campo dos tres reis, os portugueses sufriron unha derrota nas mans do sultán Ahmed Mohamed de Fez e perderon unha boa parte do seu exército. En canto a Sebastián, probabelmente morreu na batalla ou foi morto despois desta rematar. Pero para o pobo portugués de entón o rei só desaparecera. Este desastre tería as peores consecuencias para o país, poñendo en perigo a súa independencia. O rescate dos superviventes agravou aínda máis as dificultades económicas do país.
Tornouse entón nunha lenda do gran patriota portugués - o rei dormente "(ou un Mesías) que ía regresar para axudar a Portugal nas súas horas máis sombrizas, unha imaxe semellante á que o Rei Artur ten en Inglaterra ou Frederico Barbarroxa en Alemaña.
Como morreu sen descendencia, sucedeulle o seu tío avó Cardeal Henrique de Évora.
| Rei de Portugal | ||
|---|---|---|
Segue a: Xoán III de Portugal |
Sebastián I de Portugal | Precede a: Henrique I de Portugal |
| Dinastía de Avis-Bexa | ||