Saltar ao contido

Saqueo de Roma (410)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saqueo de Roma
Guerra gótica de 408-416 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Resultado
Vitoria dos visigodos
Datas
 Data
24 de agosto de 410 Editar o valor en Wikidata
 Data de comezo
24 de agosto de 410 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
27 de agosto de 410 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Participantes
Forzas
Descoñecidos Posiblemente 40 000[1]
Baixas
Descoñecidas Descoñecidas
Localización
 Situado en
 Localización
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/08wcn_ Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O saqueo de Roma ocorreu o 24 de agosto de 410. A cidade foi atacada polos visigodos liderados polo rei Alarico. Daquela, Roma xa non era a capital do Imperio Romano de Occidente, sendo substituída nesa función por Mediolanum en 286 e por Rávena en 402. Porén, a cidade mantiña o seu status de "cidade eterna" e de centro espiritual do Imperio. O saqueo tivo un enorme impacto tanto para os aliados como para os inimigos do Imperio.

Esa foi a primeira vez en case 800 anos que Roma caía ante un inimigo estranxeiro. O anterior saqueo de Roma fora conseguido polos galos liderados por Breno en -390 ou -387/6. O saqueo de 410 é considerado como un fito na caída do Imperio Romano de Occidente. Xerome de Estridón, que vivía en Belén daquela, escribiu que "A cidade que tomara o mundo enteiro foi tomada."[2]

  1. Peter Heather, The Fall of the Roman Empire: A New History of Rome and the Barbarians (Oxford University Press, 2006), páxina 224.
  2. St Jerome, Letter CXXVII. To Principia, s:Nicene and Post-Nicene Fathers: Series II/Volume VI/The Letters of St. Jerome/Letter 127 paragraph 12.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Michael Kulikowski, Rome's Gothic Wars: From the Third Century to Alaric, Cambridge University Press, 2007.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]