Saltar ao contido

Dictionary of Greek and Roman Antiquities

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dictionary of Greek and Roman Antiquities
 Título
   Dictionary of Greek and Roman Antiquities (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Xénero artístico
 Lingua
Implicados
 Autor/a
 Editor/a
Datas
 Data de publicación
1842 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Open LibraryOL4318748W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/052dmw Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Dictionary of Greek and Roman Antiquities (en galego, "Dicionario de antigüidades gregas e romanas"), de William Smith (1813-1893), é unha enciclopedia en lingua inglesa que trata sobre a Antigüidade clásica.

Publicouse por vez primeira en 1842 e conta con numerosas reedicións posteriores, tanto en Londres como en Boston e en Nova York, algunhas delas revisadas polo autor e aumentadas. Hoxe todas elas son de dominio público.[1][2]

A enciclopedia ocúpase de aspectos como a lexislación, a relixión, a arquitectura, a guerra ou a vida cotiá, entre outros, sempre desde o punto de vista dun clasicista. Este estudo forma parte dunha triloxía de obras de Smith sobre o mundo clásico, completada por outros dous traballos: un sobre a xeografía (Dictionary of Greek and Roman Geography) e outros sobre as persoas e os personaxes mitolóxicos (Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology).

A publicación desta obra produciuse na mesma época en que saíron á luz outras cunha concepción similar en diferentes linguas europeas, como a francesa Dictionnaire des Antiquités grecques et romaines (de Charles Victor Daremberg e Edmond Saglio, comezada en 1877), a alemá Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (de August Pauly e Georg Wissowa, comezada en 1839) e a italiana Dizionario epigrafico di antichità romane (de Ettore de Ruggiero, comezada en 1886).[3][4]

Edicións dixitalizadas

[editar | editar a fonte]
Dictionary of Greek and Roman Antiquities. Ilustracións da edición de 1849.

As seguintes edicións, todas en vida do autor agás a derradeira, están dixitalizadas e dispoñibles en Internet Archive:

  1. "LacusCurtius Educational Resource: a Selection of Articles from A 19th-Century Classical Encyclopaedia". En LacusCurtius: Into the Roman World.
  2. En función da edición, o título pode comezar ou non polo artigo inglés "A". O título da primeira edición comeza por el.
  3. Introdución da edición de 1890.
  4. Valenti, C. (2006). "« Daremberg et Saglio » ou « Saglio et Pottier » ? La difficile gestation d’un dictionnaire savant". En Anabases. Traditions et R´rceptions da l'Antiquité. 4. Páxinas 159-167.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]