Alpes Peninos (provincia romana)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlpes Peninos

Localización
Editar o valor em Wikidata
Período históricoImperio Romano Editar o valor em Wikidata
CapitalAugusta Praetoria Salassorum (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sucedido porKingdom of Italy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Alpes Poeninae, tamén coñecidos como Alpes Graiae, foi unha pequena provincia alpina do Imperio romano, unha das tres provincias dos Alpes occidentais entre Italia e Galia. Comprendía a rexión do Val d'Aosta (Italia) e o cantón Valais (Suíza).

A súa tribo indíxena máis forte eran os Salassos. O seu territorio foi anexionado polo emperador Augusto no 15 a.C. A súa principal cidade foi Augusta Praetoria Salassorum (Aosta).

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A provincia foi chamada así polos "poeninus mons", o nome romano do Paso do Gran San Bernardo. Preto do paso atopábase un santuario dedicado a Xupiter Poeninus.[1]

Porque o nome Poeninus é similar a Poenus (latín para "cartaxinés"), algúns autores romanos inferiron que o xeneral cartaxinés Aníbal atravesou esta parte dos Alpes na súa famosa marcha a Italia no 218 a.C, usando o paso Gran San Bernardo ou o paso do Pequeno San Bernardo. O historiador romano Tito Livio explica que Poeninus era en realidade unha corrupción de Penninus, o nome dunha deidade adorada por unha tribo local. Livio agrega que era improbable que Aníbal tomase unha ruta tan setentrional, xa que estes pasos de alta montaña serían inaccesibles nese momento.[2] Tácito menciona os Alpes Poeninae en conexión cos movementos de Otón.[3] A maioría dos historiadores están de acordo, segundo Polibio, o exército de Aníbal pasou polos Alpes a través da rexión do Segusii, e o paso coñecido hoxe como Montgenèvre.

Historia[editar | editar a fonte]

Despois de que a rexión fora conquistada no 15 a.C., incorporouse a Recia, un gran distrito que se estendía desde os Alpes centrais ata o Danubio. A poboación incluía unha serie de tribos celtas, incluíndo os Nantuates e Seduni no lado norte do paso de San Bernardo e os Salassi no lado sur.

Na época do emperador Claudio (41-54 d.C.) as tribos estaban xeralmente romanizadas e o distrito de Vallis Poenina foi retirado da provincia de Raetia e Vindolicia. Vallis Poenina incluía gran parte do val ao norte do paso de San Bernardo. Estableceuse unha nova capital civitas preto das ruínas de Octodurus ((civitas Vallensium agora Martigny) e os veciños gozaron polo menos da protección do Dereito latino. O distrito de Vallis Poenina fusionouse coas provincias dos Alpes Graiae ou Alpes Atrectianae para formar a provincia de Alpes Graiae e Poeninae.[4]

Ata o século III d. C. houbo varias familias co rango de senadores romanos que vivían na provincia. Baixo as reformas de Diocleciano, a provincia pasou a formar parte da diocese romana de Gaulliae. No 381, mencionase o primeiro Bispo da rexión, Theodul. Trala caída do Imperio romano de occidente, a rexión foi invadida polos burgundios e incorporada ao seu reino. No 574 foi invadido polos longobardos e quedou baixo a súa autoridade. O nome romano e as súas fronteiras caeron en desuso e durante os anos escuros, foi parte de Sapaudia.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wilkes, J.; S. Parker; R. Bagnall; W. Harris; A. Esmonde-Cleary; C. Wells; J. Drinkwater; R. Knapp; S. Mitchell; B. Z. Lund; R. Talbert; M. E. Downs; M. Joann McDaniel; J. Becker; S. Gillies; T. Elliott. "Places: 982257 (Alpes Graiae et Poeninae)". Pleiades. Consultado o November 1, 2014. 
  2. Livio XXI.38
  3. Tac. Historiae 1.87.2 http://latin.packhum.org/loc/1351/4/86/93-101
  4. Modelo:HDS

Véxase tamén[editar | editar a fonte]