Dalmacia (provincia romana)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dalmacia
Provinciaromana-Dalmacia-pt.svg
Lema: Localización da provincia
EstadoImperio romano
CapitalSalona
 • Totaln/d
 • Totaln/d
 • Densidaden/d
Código ISOn/d

Dalmacia era unha provincia romana. O seu nome derívase do nome dunha tribo iliria chamados Dálmatas, que vivíron na zona central da costa oriental do mar Adriático durante o primeiro milenio a.C.

Abranguía a parte norte da actual Albania, gran parte de Croacia, Bosnia e Hercegovina, Montenegro, Kosovo e Serbia, así, cubrindo unha área significativamente maior que a actual rexión croata de Dalmacia. Orixinalmente esta rexión foi chamada Illyria (en grego) ou Illyricum (en latín).

Tras sufocar unha revolta, no ano 9, a provincia de Illyricum foi disolta e substituída por dúas provincias separadas: Dalmacia e Pannonia.

Conquista[editar | editar a fonte]

A rexión que ía ao longo da costa do mar Adriático e estendíase no interior dos Alpes Dináricos foi chamada polos gregos Illyria. Orixinalmente os romanos chamárona Illyria. Máis tarde chamárona Illyricum. Os romanos combateron en tres Guerras ilíricas (229 a.C., 219/8 a.C. e 168 a.C.) principalmente contra o reino dos Ardiaei no sur da rexión. No 168 a.C. aboliron este reino, dividíndoo en tres repúblicas.[1]

A zona converteuse nun protectorado romano. A zona central e setentrional da rexión dedicáronse á piratería e atacaron o nordés de Italia. En resposta a isto, Octavio (que máis tarde se convertería no emperador Augusto) realizou unha serie de campañas en Illyricum (35-33 a.C.).[2][3] A zona converteuse na provincia senatorial romana de Illyricum probablemente no 27 a.C. Debido a problemas na parte norte da rexión no 16-10 a.C.,[4][5] converteuse nunha provincia imperial. A organización administrativa de Illyricum levouse a cabo a finais do reinado de Augusto (27 a.C.-14 d.C.) e no inicio do reinado de Tiberio (14-37 d.C.).[6]

Parte de Illyricum[editar | editar a fonte]

Debido a que Octavio subxugou a rexión máis interior de Pannonia (ao longo do curso medio do río Danubio), os romanos cambiaron o nome da zona costeira a Dalmacia. A primeira escritura que indica que a provincia de Illyricum comprende Dalmacia e Panonia é a mención de Veleio Patérculo a Gaius Vibius Postumus como comandante militar de Dalmacia baixo o goberno de Xermánico no 9, cara ao final da Guerra Batonia.[7] Esta foi unha rebelión a grande escala na provincia de Illyricum, entre o 6 e o 9 e foi denominada polos romanos como Bellum Batonianum (Guerra Batonia).[8]

A provincia de Illyricum foi finalmente disolta e substituída por dúas provincias máis pequenas: Dalmacia (a zona sur) e Pannonia (área norte e danubiana). Non está claro cando aconteceu isto. Kovác sinalou que unha inscrición na base dunha estatua de Nerón erguida entre o 54 e o 68 testemuña que foi erguida polo veterano dunha lexión estacionada en Pannonia e argumenta que esta é a primeira evidencia epigráfica de que existía unha Pannonia separada polo menos desde entón, o reinado de Nerón.[9] Con todo, Šašel-Kos sinala que unha inscrición testemuña un gobernador de Illyricum baixo o reinado de Claudio (43-51) e nun diploma militar publicado en a finais dos anos 1990, con data de xullo do 61 d.C., mencionaban que as unidades de auxiliares da parte panónica da provincia estaban estacionadas en Illyricum.[10] Algúns outros diplomas testemuñan o mesmo.[11] Isto foi durante o reinado de Nerón (51-68 d.C). Polo tanto, Šašel-Kos apoia a idea de que a provincia disolveuse durante o reinado de Vespasiano (79-89 d. C.).[12]

Cambios administrativos[editar | editar a fonte]

Dalmacia no século IV

No 337, cando Constantino o Grande morreu, o Imperio romano dividiuse entre os seus fillos. O imperio dividiuse en tres prefecturas pretorianas: a Galia, Italia, Africa et Illyricum e Oriente. Diocleciano diminuíu o tamaño das provincias e dobrou o seu número. As provincias agrupáronse tamén nas dioceses. Dalmacia converteuse nunha das sete provincias da diocese de Panonia. Inicialmente, estaba baixo a prefectura pretoriana de Italia, África e Ilírica. Parece que as tres dioceses de Macedonia, Dacia e Pannonia primeiro agrupáronse nunha prefectura pretoriana separada no 347 por Constantino retirándoos da prefectura pretoriana de Italia, África e Ilírico (que entón se converteu na prefectura pretoriana de Italia e África) ou que esta prefectura pretoriana se formou no 343 cando Constantino nomeou un prefecto para Italia.[13]

Romanización[editar | editar a fonte]

O historiador alemán Theodore Mommsen escribiu (no seu Provincias do Imperio Romano) que a Dalmacia costeira e as súas illas estaban completamente romanizadas e falaban latín, no século IV.[14]

O historiador croata Aleksandar Stipčević escribe que a análise de material arqueolóxico dese período mostrou que o proceso de romanización foi bastante selectivo. Mentres que os centros urbanos, tanto costeiros coma interiores, estaban case completamente romanizados, a situación no campo era completamente diferente. A pesar de que os ilirios estaban suxeitos a un forte proceso de aculturación, seguiron falando a súa lingua nativa, adorando aos seus propios deuses e tradicións, e seguiron a súa propia organización social-política que se adaptou á administración romana e á estrutura política só nalgúns casos.[15]

Colapso[editar | editar a fonte]

Dalmacia independiente - Extensión do control de Marcelino (454-468) e Control de Xulio Nepote (468-480).

No 454, Marcelino, comandante militar en Dalmacia, rebelouse contra Valentiniano III, o emperador de Occidente. Tomou o control de Dalmacia e gobernouno de forma independente ata a súa morte no 468.[16] Xulio Nepote converteuse no gobernador de Dalmacia aínda que era parente do emperador do leste, León I de Tracia, e Dalmacia estaba baixo a parte occidental do imperio romano. Dalmacia seguiu sendo unha zona autónoma. No 474, León I nombrou a Nepote como emperador da parte occidental do imperio para depoñer a Glicerio, un emperador usurpador. Nepote depuxo ao usurpador, pero foi deposto no 475 por Orestes, que converteu ao seu fillo Rómulo Augústulo en emperador no oeste.[17] León I negouse a recoñecelo e aínda mantivo a Xulio Nepote como emperador do oeste. Rómulo Augústulo foi deposto no 476 por Odoacro, que se proclamou rei de Italia. Nepote permaneceu en Dalmacia e continuou a gobernala ata que foi asasinado no 480. Ovida, un comandante militar, estivo a cargo de Dalmacia por algúns meses. Con todo, Odoacro utilizou o asasinato de Nepote como pretexto para invadir Dalmacia, derrotou a Ovida e anexionou Dalmacia ao seu reino de Italia. No 488, Zenón, o novo emperador do leste, enviou a Teodorico o Grande, o rei dos ostrogodos, a Italia. Zenón mandouno a depoñer a Odoacro. Tamén quería desfacerse dos ostrogodos, que eran aliados dos romanos e establecéranse na parte oriental do imperio, pero estaban a volverse inquedos e difíciles de manexar. Teodorico combateu nunha guerra de catro anos en Italia, matou a Odoacro, estableceu ao seu pobo en Italia e fundou o Reino Ostrogodo.[18] Dalmacia e o resto da antiga diocese de Pannonia quedaron baixo o reino ostrogodo.

Imperio Romano de Oriente[editar | editar a fonte]

No 535, Xustiniano I conquistouna e pasou a formar parte do Imperio Bizantino. Posteriormente, foi invadida polos Ávaros[19]. No 640, establecéronse nela os eslavos sorabos ao mesmo tempo que os khrowatas ou croatas, tamén eslavos, se establecen en Liburnia (Croacia). Ämbolos dous pobos foron tributarios dos Ávaros e tamén se someteron aos emperadores francos, mentres a Dalmacia costeira, Ragusa, Zara etc., permaneceu baixo o imperio grego por mor dun tratado do 812, até que tanto croatas como dálmatas se converteron en independentes deste.[20]

Lista de gobernadores de Dalmacia[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Livy, The History of Rome, 45.26.11-15
  2. Apiano (1912), Libro 10, capítulos 18-27
  3. Dión Casio: 48.11, 49.37-38
  4. Dión Casio: 54. 24.3, 28.1-2, 31.2-3, 36.2-3, 55.2-4
  5. Veleio Patérculo: Compendio de Historia Romana 2.96.2‑3
  6. Plinio o vello, Naturalis Historia, 2.25-26, 28
  7. Veleio Patérculo: Compendio de Historia Romana 2.116.3
  8. Cassius Dio, Roman History, 55.29-32. 34.4
  9. [73][74]
  10. Dušanić, S. (1998). Institute of Archaeology, ed. "An early diploma militare". Starinar (en inglés) (Belgrado) 49: 51–62. ISSN 0350-0241. 
  11. Roxan, Margaret; Holder, Paul (2003). "Roman Military Diplomas IV". Bulletin of the Institute of Classical Studies. (en inglés) (82): Iii–675. ISSN 2398-3264. JSTOR .jstor.org/stable/43768077. 
  12. Šašel-Kos, Marjeta (2010). "Pannonia or Lower IlIyricum?". TYCHE. Beiträge zur Alten Geschichte, Papyrologie und Epigraphik (en inglés). Viena: Holzhausen Der Verlag. pp. 123–130. ISBN 978-3-85493-182-9. 
  13. Barnes (2011), p. 160
  14. Theodor Mommsen; William Purdie Dickson; Francis Haverfield (1886). The Provinces of the Roman Empire: From Caesar to Diocletian. Gorgias Press LLC. pp. 203–. ISBN 978-1-59333-025-5. 
  15. Stipčević, A. (1974). Iliri. Zagreb: Školska knjiga. p. 70. 
  16. Damascius, Epitome Photiana, 91, fragments 158
  17. Bury (2008), p. 276
  18. Burns (1984), p. 44
  19. Paula Mellado, Francisco de (1852). Enciclopedia moderna: diccionario universal de literatura, ciencias e arte (en castelán) XII. Madrid: Establecimiento tipográfico Mellado. p. 445. 
  20. VV.AA. (1853). "Dalmacia y Albania". Diccionario universal de historia y de geografia (en castelán) III. México: Tipografía de Rafael. p. 11. 
  21. Agás que se indique o contrario, os nomes dos gobernadores proconsulares de 69 a 139 son extraídos de: Eck, Werner. "Jahres- und Provinzialfasten der senatorischen Statthalter von 69/70 bis 138/139", Chiron, 12 (1982), pp. 281-362; 13 (1983), pp. 147-237
  22. Agás que se indique o contrario, os nomes dos gobernadores proconsulares de 147 a 182 son tomados de Alföldy, Géza (1977). Konsulat und Senatorenstand unter der Antoninen (pp. 224-227) Bonn: Rudolf Habelt Verlag
  23. Agás que se indique o contrario, os nomes dos gobernadores proconsulares entre 182 e 235 son tomados de Paul Leunissen (1989). Konsuln und Konsulare in Zeit von Commodus bis Severus Alexander. Páxs.: 240 ss. Amsterdam: JC Gieben.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]