Provincia de Málaga
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Capital | Málaga | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.695.651 (2021) (232,03 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 7.308 km² | ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | ||||
Punto máis alto | La Maroma (en) (2.065 m) | ||||
Punto máis baixo | Nivel medio do mar (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Provincial Deputation of Málaga (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 29 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-MA | ||||
Código NUTS | ES617 | ||||
Código INE | 29 | ||||
Sitio web | malaga.es | ||||
A provincia de Málaga está situada na parte oriental da Andalucía, sobre a costa mediterránea desa comunidade. Linda coas provincias de Cádiz e de Granada, polo Oeste e Leste, respectivamente; polo Norte coas provincias de Sevilla e de Córdoba. Ten unha superficie de 7.306 km² e unha poboación de 1.453.409 habitants (2005), distribuídos en 100 municipios; a densidade media demográfica é de cerca de 200 hab/km². A capital é a cidade homónima de Málaga, estando o goberno e a administración dos intereses provinciais encomendados á Deputación Provincial de Málaga.
Ata 1995 a provincia incluía Melilla.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Boa parte do seu territorio está comprendido dentro das serras do Sistema Penibético separadas pola Depresión Intrapenibética, nesta provincia coñecida como a Foxa de Antequera. No Oeste sitúase a comarca da Serranía de Ronda e polo Leste os maiores accidentes orográficos son a serra de Almijara, Tejeda e Alhama. Ao Sur, paralela á Serranía de Ronda érguese a Serra Bermeja. Ao pé da Serranía de Ronda sitúase Foxa de Málaga.
A vexetación espontánea normalmente inclúe matogueira, sendo o palmito (Chamaerops humilis) a planta representativa. Tamén aparecen fragas de piñeiros e pinsapos (comúns na Serra de Grazalema). No interior dominan os bosques de aciñeiras e sobreiras.
Comarcas
[editar | editar a fonte]A división comarcal da provincia está regulamentada pola Deputación de Málaga, e actuamente son as seguintes:
- Comarca de Antequera,
- Axarquía - Costa do Sol Oriental
- Costa do Sol Occidental
- Guadalteba
- Málaga - Costa do Sol
- Comarca Nororiental (Nororma)
- Serranía de Ronda
- Sierra de las Nieves
- Val do Guadalhorce
Espazos protexidos
[editar | editar a fonte]Son cinco os parques naturais que existen na provincia:
- Parque natural da Sierra de las Nieves.
- Parque natural dos Montes de Málaga.
- Parque natural dos Alcornocales.
- Parque natural da serra de Grazalema.
- Parque natural das serras de Tejeda, Almijara e Alhama.
Son seis as paraxes naturais:
- Cantís de Maro.
- Desembocadura do Río Guadalhorce.
- Desfiladeiro dos Gaitanes.
- Los Reales de Sierra Bermeja
- Los Reales de Sierra Crestellina.
- Torcal de Antequera.
- Tornillo del Torcal.
- Pinsapos de Las Escaleretas.
- Falla da Serra del Camorro.
- Canón de Las Buitreras.
- Dunas de Artola ou Cabopino.
- Reserva Natural Lagoa de Fuente de Piedra.
- Lagoa de la Ratosa.
- Lagoas de Archidona.
- Lagoas de Campillos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Málaga |