Conversa:Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dobra / dobramento[editar a fonte]

Actualmente o dicionario da Academia establece a distinción entre dobra e dobramento. A dobra son o conxunto de estratos dobrados, mentres que o dobramento é o proceso que fixo que se dobrasen. De tal xeito que poderíamos dicir: "unha dobra fórmase polo dobramento dos estratos". Antes, os termos dobra, dobramento, pregamento, prego, prega, pregue podíanse ver por aí usados con variados significados (tamén eu os tiña usado). Actualmente prego, prega ou pregue non veñen no DRAG, xa que para o resultado da deformación xeolóxica úsase dobra. Tamén se pode consultar no DRAG que dobramento e pregamento son sinónimos e son (en xeoloxía) o proceso que causa que se dobren os estratos. A diferenza está ben redactada na páxina pregamento. En consecuencia, debería reformarse a terminoloxía na páxina. Tamén o nome da páxina se podería cambiar; eu poñería simplemente dobra de Campodola-Leixazós. Miguelferig (conversa) 5 de marzo de 2023 ás 16:24 (UTC)[responder]