Praia do Vao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia do Vao
Playa del Vao.jpg
Praia do Vao.
42°12′N 08°48′O / 42.200, -8.800Coordenadas: 42°12′N 08°48′O / 42.200, -8.800
Blue Flag Logo.svg Posto de primeiros auxilios
Características xerais
Lonxitude 0,8 km
Largo medio 45 m
Grao de ocupación Alto
Grao de urbanización Semiurbana
Paseo marítimo Yes check.svg
Características específicas
Composición granítica clara
Tipo de area Moi fina
Condicións do baño Yes check.svg
Praia nudista Si
Aspectos medioambientais
Presenza de vexetación Si
Bandeira Azul Si
Seguridade
Equipo de vixilancia Si
Sinalización do perigo Si
Policía local Si
Equipo de salvamento Si
Accesibilidade
Tipo de acceso Estrada
Sinalización do acceso Yes check.svg

A praia do Vao é un areal vigués, situado na parroquia de Coruxo, no concello de Vigo, pertencente á provincia de Pontevedra. A praia é unha das de maior sona da cidade despois da de Samil, conta cun paseo que atrae a numerosos turistas. Chégase a través da estrada de Coruxo a Canido. Salienta a súa area branca e moi fina, e por estar unida á illa de Toralla pola ponte do mesmo nome. Nun dos laterais do areal atópase o eido-arboredo Mirambell, onde hai unha escavación-museo (Vila romana de Toralla). O areal áchase entre as praias de Canido e a caliña nudista de Breadouro ou do Baluarte.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A praia recibe o nome do Vao, por que hai poucos anos era posíbel o acceso á illa a pé grazas a un vao natural no mar formado por unha lingua de area que conectaba Toralla con terra firme.

O termo vao provén do francés bau, este do francés antigo balc 'trabe', e este do fráncico *balk; cf. alemán Balken, antigo alto alemán balko.[Cómpre referencia]

Características[editar | editar a fonte]

Capela de Nosa Señora do Carme de Coruxo, á beira da praia do Vao

O tamaño do areal é de 800 metros de longo cunha media de 45 metros de largo. É unha das praias máis frecuentadas de Vigo, xunto coa praia de Samil. A area granítica é extremadamente fina e branca. A auga é fría e clara.

A finais da década de 1990 retirouse o paseo que se construirá nos anos 60 recuperando parte das dunas orixinais (actuación que continuou nos anos 2000 logo de desfacer as pistas de fútbol); nesa actuación construíuse un paseo máis apartado e reducido (en parte cunha pasarela de madeira) e se plantou un pequeno piñeiral de especies foráneas, ademais dalgunhas palmeiras illadas. Hoxe en día, ademais da vexetación das dunas, conta cun bo número de chopos negros naturalizados entre as areas. Nos aparcadoiros plantáronse castiñeiros das bruxas e carballos sen éxito, por mor á falla de preparación dos solos.

A mocidade adoitaba practicar unha actividade de risco que consistía en saltar dende a Ponte de Toralla, tornando á praia a nado. Esta actividade prohibiuse polo concello en 2006, instalándose uns sinais de prohibición na mesma ponte.

Á beira da praia atópase a capela da virxe do Carme de Coruxo, que celebra a súa festa no mes de xullo.

Servizos[editar | editar a fonte]

O areal é unha praia semiurbana con todos os servizos. Ten dous aparcadoiros con catro prazas para eivados. Os accesos á praia fanse grazas ás saídas da pasarela de madeira. Nos meses de verán (xullo e agosto) está operativo o sistema de vixilancia e socorrismo así coma o posto da Cruz Vermella todos os días de 10:00 a 21:00 horas. En xuño e setembro durante as fins de semana (2 socorristas).

Ademais ten outros servizos coma: tres fontes, sete duchas, tres teléfonos públicos, megafonía, campo de fútbol, bares, base náutica, servizos para público en xeral e eivados, zonas verdes etc.

Dende a cidade de Vigo pódese chegar á praia en transporte público ( autobuses Vitrasa) coas liñas L10, L11 e C15 A, B e C. A liña C3 prolóngase até as praias as fins de semana.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Toralla.

A zona estivo poboada dende a prehistoria. Seguramente a praia foi cuberta de salinas na época romana, xa que xusto ao lado da praia, no arboredo de Mirambell, atópase unha villa galaico-romana dedicada á salga. O concello de Vigo escavou os últimos anos estes restos no que hoxe é o museo da (Villa Galaico-Romana de Toralla). Na achegada illa de Toralla, ademais do castro, atoparíase a necrópole da tal villa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]