Praia da Lavanqueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia da Lavanqueira
Acceso á praia
Coordenadas: 42°32′12″N 8°52′06″O / 42.536683333333, -8.8682
LocalizaciónA Illa de Arousa

A praia da Lavanqueira é unha das praias mais concorridas da Illa de Arousa.

Características[editar | editar a fonte]

Está situada no pouco poboado sueste da Illa. Dende esta praia pódense divisar os concellos de Vilanova de Arousa, Cambados, O Grove (incluída a illa da Toxa), a ponte da Illa de Arousa e mesmo o monte Castrove. A temperatura da auga, ao contrario do que na da Area de Secada é suave e ás veces ata cálida. Con devalo hai que ir ata unha boia que hai a uns 500 metros da Praia ou mesmo mais adiante porque cando a marea é baixa de todo a profundidade é de tan so 1,60 m. Con preamar é tan profunda como a Area da Secada.

Dispón de posto con campo de volei praia e no que se organiza un campionato cada verán. Está previsto[cando?] facer unha pasarela de madeira que vaia dende O Vao ata O Carreirón, pasando por esta praia.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha praia de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.