Insua, Ortigueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Insua
Igrexa de Insua.jpg
Igrexa de San Xoán de Insua
Mapa Insua.PNG
Concello Ortigueira
Área 10,8 km²
Poboación 173 hab. (2009)
Densidade 16,02 hab./km²
Entidades de poboación 59

San Xoán de Insua é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ortigueira. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 173 habitantes (89 homes e 84 mulleres) distribuídos en 48 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 231 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Insua está situada no extremo suroeste do concello. O seu topónimo débese a estar situada entre varios ríos afluentes do Mera: o Pulgueira, o San Pedro e o Entrambosmeras. Percorren esta parroquia os ríos Mera e Pulgueira, e o seu monte máis alto é o de Areosa con 509 metros.

Limita ao norte coa parroquia do Ermo separada polo río Pulgueira; polo nordeste coa parroquia das Neves, separada polo regato San Pedro até o monte da Areosa, e dende este monte linda coa parroquia do Freixo do concello das Pontes; polo sur e suroeste linda tamén coas parroquias do Deveso do mesmo concello, e das Enchousas no concello das Somozas; polo oeste o río Mera sepáraa do concello de Cerdido.

A estrada que dende O Nogueirido de Senra, atravesa a parroquia, polos lugares do Coto, Peneiro e Barral achega aos veciños a capital do concello que dista uns 17 quilómetros.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de Insua, de planta de cruz latina e construción moderna, atópase no lugar da Igrexa ao pé da estrada que vai dende a AC-862. Ao seu carón está o cemiterio e do outro lado había unha enorme reitoral, que foi soterrada recentemente polo concello. No teito da ábsida hai unha pequena campá chamada esquilón, que se tocaba habitualmente en vez das grandes campás da espadana para avisos relixiosos.

No lugar dos Torneiros hai unha capela na honra de San Miguel.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Insua[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Insua no concello coruñés de Ortigueira

As Aceas | As Ameixeiras | As Angarias | O Barral | Bidual | Bolsido | As Cabanas | Calvo | Os Campos | O Carboeiral | Os Carrís | Cascarlos | O Castelo | O Chao | O Corno de Insua | O Coto | O Couso | A Culpa de Abaixo | A Culpa de Arriba | Fonte da Pía | O Foxo | A Graña | O Gregorio | A Igrexa | Landido | A Mera | O Mogallón | O Muíño da Madanela | O Muíño da Ponte | O Muíño de Silvao | O Muíño Grande | O Outeiro | As Paredes | O Pazo | A Pena | Penaboa de Abaixo | Penaboa de Arriba | O Peneiro | O Pimpín | A Pulgueira de Abaixo | A Pulgueira de Arriba | A Pulgueira do Medio | A Pulgueira Vella | San Miguel | A Seara | A Senra | A Serra | O Silvao | Suapena | A Tinteira | Os Torneiros | Trabazón | O Valado | A Veiga | O Vilar | Vilariño de Abaixo | Vilariño de Arriba | A Volta | O Xestal

Parroquias de Ortigueira[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ortigueira

Barbos (San Xulián) | Céltigos (San Xulián) | Couzadoiro (San Cristovo) | Cuíña (Santiago) | Devesos (San Sebastián) | O Ermo (San Xulián) | Espasante (San Xoán) | Os Freires (San Paulo) | Insua (San Xoán) | Ladrido (Santa Eulalia) | Loiba (San Xulián) | Luama (San Martiño) | Luía (Santa María) | Mera de Abaixo (Santiago) | Mera de Arriba (Santa María) | O Mosteiro (San Xoán) | As Neves (Santa María) | Ortigueira (Santa Marta) | San Claudio (Santa María) | San Salvador de Couzadoiro (San Salvador) | Senra (San Xulián) | Veiga (Santo Adrao)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]