Zubin Mehta
(2024) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 29 de abril de 1936 Bombai |
| Relixión | Zoroastrismo |
| Educación | Universidade de Música e Arte Dramática de Viena (1954–1957) Accademia Musicale Chigiana St. Xavier's College (en) St. Mary's School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | director de orquestra, contrabaixista |
| Período de actividade | 1958 |
| Empregador | Ópera do Estado Bávaro (pt) Los Angeles Philharmonic Orquestra Filarmônica de Israel (pt) Orquestra Filarmônica de Nova Iorque (pt) |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música clásica |
| Profesores | Hans Swarowsky |
| Instrumento | Piano e contrabaixo |
| Selo discográfico | Decca Records Columbia Records Deutsche Grammophon |
| Familia | |
| Cónxuxe | Nancy Kovack (1969–) |
| Pai | Mehli Mehta |
| Irmáns | Zarin Mehta |
| Premios | |
| |
| Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC |
| Sitio web | zubinmehta.net |
Zubin Mehta (en hindi ज़ूबिन मेहता), nado o 29 de abril de 1936 en Mumbai (actualmente na India e daquela pertencente ao Imperio Británico), é un director de orquestra indio. É director vitalicio da ha-Tizmoret ha-Filharmonit ha-Yisre'elit (Orquestra Filharmónica de Israel).[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Zubin Mehta naceu o 29 de abril de 1936 en Mumbai no seo dunha familia parsi, descendente dos zoroastros que saíran de Persia no século XVII fuxindo do islam.[2] Mehta era fillo de Tehmina Mehta e do violinista e director de orquestra indio Mehli Mehta, que en 1935 fundou a Bombay Symphony Orchestra e que fora director musical da American Youth Symphony nos Ánxeles, California (Estados Unidos).[3][4] A relación da súa familia coa música académica occidental fixo posible que Mehta, a pesar de que a música occidental fora unha rareza na India, medrara escoitándoa constantemente, ben nos ensaios da orquestra ou nos do grupo de cámara que tiña seu pai e que adoitaban ensaiar no salón da súa casa.[2] Foi precisamente de seu pai de quen recibiu as súas primeiras ensinanzas musicais, recibindo clases de piano e violín, ao mesmo tempo que estudaba nas ecolas xesuítas de St. Mary's School e St. Xavier's College.[1][5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 Biografías y Vidas (ed.). "Zubin Mehta" (en castelán). Consultado o 4 de outubro de 2014.
- 1 2 Matheopoulos, p. 250
- ↑ "Mehli Mehta". Baker's Biographical Dictionary of Musicians. New York City: Schirmer Books. 2001. Gale Document Number: GALEK2420007898. Consultado o 4 de outubro de 2014.
- ↑ "Zubin Mehta.Biography" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2018.
- ↑ mid-day.com, ed. (13 de febreiro de 2014). "The incubator of excellence" (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2014.
- ↑ St. Xavier's College (ed.). "Xavier's Alumni/ae of Distinction" (PDF) (en inglés). p. 8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2019. Consultado o 4 de outubro de 2014. Arquivado 08 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Zubin Mehta |
| A Galipedia ten un portal sobre: India |
| A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Matheopoulos, Helena. Ma Non Troppo, ed. Los grandes directores de orquesta. Barberà del Vallès. p. 369. ISBN 978-84-96924-22-2.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en inglés)
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |

