Olinda
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Brasil | ||||
| Unidades da federación | Pernambuco | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 349.976 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 41,681 km² | ||||
| Altitude | 16 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Fundador | Duarte Coelho | ||||
| Creación | 12 de marzo de 1535 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano lexislativo | câmara municipal de Olinda (pt) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 53100-xxx | ||||
| Prefixo telefónico | 081 | ||||
| Código de concello do Brasil | 2609600 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | olinda.pe.gov.br | ||||
Olinda é unha cidade do estado brasileiro de Pernambuco. A súa poboación estimada o 2007 era 391 433 habitantes. A súa superficie total é 40,83 km².
O nome da cidade de Olinda, segundo se cre, derivou da frase Ó linda localización para construír unha cidade, por causa da beleza da paisaxe que se enxerga desde o outeiro onde se fundou no ano 1535 por Duarte Coelho Pereira. Foi elevada a vila o 12 de marzo de 1537. Olinda era sede da Capitanía de Pernambuco, pero foi incendiada no século XVII polos holandeses, que mudaron a sede para a cidade do Recife. Cando os holandeses foron expulsados o 1654, volveu ser capital. O 1837, perdeu o título de capital de Pernambuco novamente para Recife.


Olinda fai parte da Rexión Metropolitana do Recife, e localízase a 7 Km desta. Limita ao norte coa cidade de Paulista, ao sur e oeste co Recife, e a este co océano Atlántico.
Destacase pola súa beleza natural, e tamén é un dos máis importantes centros culturais e históricos do Brasil, conservando casas e igrexas do período colonial. Foi declarada, en 1982, Patrimonio Histórico e Cultural da Humanidade pola UNESCO.
O seu Carnaval tamén é coñecido en todo o Brasil e no exterior. Diferente do sur do Brasil onde predomina o samba, os bailes carnavalescos son animados polo ritmo acelerado e a danza do frevo, co seus pasos acrobáticos. Hai tamén o desfile dos maracatus, manifestación folclórica que mestura elementos africanos, indíxenas e europeos na danza, na percusión e nas vestimentas dos participantes.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olinda |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- [pt http://www.olinda.pe.gov.br]
- [pt http://www.bonecosgigantesdeolinda.com.br]
- Aplicativo sobre o Centro Histórico de Olinda Arquivado 18 de marzo de 2017 en Wayback Machine.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Olinda |
