Jaboatão dos Guararapes
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Brasil | ||||
| Unidades da federación | Pernambuco | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 644.620 (2010) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 256,073 km² | ||||
| Altitude | 10 m-5 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1593 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano lexislativo | câmara municipal de Jaboatão dos Guararapes (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 54000-000 | ||||
| Prefixo telefónico | 81 | ||||
| Código de concello do Brasil | 2607901 | ||||
| Sitio web | jaboatao.pe.gov.br | ||||
Jaboatão dos Guararapes é unha cidade brasileira do estado de Pernambuco localizada na Rexión Metropolitana de Recife, a 12 km ó sur do centro desta cidade. Posuía unha poboación de 651 355 habitantes en 2006. A súa superficie total é 257,3 km².
Sendo a súa faixa costeira un prolongamento cara ao sur da praia de Boa Viagem en Recife e estando a poucos minutos do aeroporto daquela cidade, ten como unha das súas actividades económicas o turismo. Para isto posúe diversos hoteis de alta categoría, ademais dalgúns monumentos históricos, entre eles igrexas, como a da Nosa Señora do Livramento, do século XVIII, as praias de Piedade, Candeias e Barra da Jangada, ademais do Parque Histórico Nacional dos Guararapes, que preserva o local da Batalla dos Guararapes que resultou na expulsión dos holandeses do Brasil no século XVII.
No municipio encóntranse varias industrias instaladas principalmente xunto ás estradas BR-101, BR-232 e PE-25, ademais de institucións de ensino superior, e dun comercio diversificado, que inclúe ata un shopping center para servir á poboación de clase media e media-alta residente na cidade. En parte do municipio hai tamén unha zona rural, con pequenas propiedades.
