Rexión Nordeste do Brasil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Rexión Nordeste é a rexión brasileira que posúe a maior cantidade de estados: Alagoas, Bahia, Ceará, Maranhão, Paraíba, Piauí, Pernambuco (incluíndose a illa de Fernando de Noronha), Rio Grande do Norte e Sergipe. Esta subdivisión de Brasil en rexións non ten carácter político ou administrativo, senón de facilitar estudos sociais, estatísticos e económicos de estados veciños xeograficamente.

As cidades nordestinas máis populosas son: Salvador (2.673.560), Fortaleza (2.374.944), Recife (1.400.000), São Luís (978.824), Maceió (903.463), Teresina (778.773), Natal (778.040), João Pessoa (660.798), Jaboatão dos Guararapes (630.008), Feira de Santana (527.625), Aracaju (498.619), Olinda (377.000), Campina Grande (376.132), Vitória da Conquista (285.927), Paulista (262.237), Caruaru (253.634), Ilhéus (222.127) e Itabuna (220.816).

A rexión posúe 30.998.109 electores segundo datos do IBGE para o ano 2002, o que a converte no segundo colexio electoral do país, detrás do Sueste.