Porto de Galinhas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

08°30′15″S 35°00′04″O / -8.50417, -35.00111

Pescadores en Porto de Galinhas

Porto de Galinhas é unha reputada praia da Rexión Nordeste do Brasil, localizada no municipio de Ipojuca, no estado de Pernambuco. A súa fama débese, principalmente, á súa paisaxe natural: piscinas de augas claras e mornas formadas entre corais, estuarios, mangleirais, area branca e coqueirais.

Inicialmente, a praia era chamada de Porto Rico, debido á súa abundancia do pau brasil. No auxe da escravitude no Brasil, era o principal punto de comercio de escravos ilegais no nordeste brasileiro. Moitas veces, os escravos chegaban escondidos embaixo de engradados de galiñas de angola/guineanas. A chegada dos escravos ao porto acostumaba ser anunciada pola frase galiña nova no porto! Desta forma, a praia de Porto Rico pasou a ser coñecida como Porto de Galinhas.

Toda a rexión é moi frecuentada por turistas, que admiran a beleza natural da rexión, como tamén por surfistas de diversas nacionalidades.