Manuel Rodríguez Pazó
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | valor descoñecido Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 2 de setembro de 1972 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Manuel Rodriguez Pazó, nado en Vigo e finado na mesma cidade o 2 de setembro de 1972, foi un futbolista galego máis coñecido como Lilo, que xogaba na demarcación de gardameta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar no Germania, un equipo do barrio vigués do Couto, pero xogaba como defensa. No transcurso dun encontro lesionouse o gardameta polo que Lilo ocupou o seu posto con moi bo resultado.
A raíz desta experiencia Lilo ficha polo Club Ciosvín xa como porteiro, club que máis tarde se proclamaría campión do Campionato de España de fútbol afeccionado.
Despois xogou no Fortuna ata o momento da fusión deste co Real Vigo Sporting Club para dar lugar ao nacemento do Celta de Vigo. Converténdose nun dos primeiros porteiros do club, xunto a Isidro, Ruíz e Rubido
Ruíz xogou moi pouco tempo no Celta e aínda que Isidro foi nun primeiro momento o porteiro titular, pronto protagonizou un polémico caso de suborno por parte do Deportivo da Coruña a varios xogadores do Celta para facerse cos seus servizos, polo cal foi Lilo quen defendeu a portería do Celta nos primeiros anos da súa historia.
Na tempada 1935-36 o Celta acadou con Lilo no seu equipo o primeiro ascenso do club á Primeira División, pero non puido desfrutar dela xa que chegou a Guerra Civil Española e deixou o fútbol.