Manuel Gestoso Costas
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 27 de febreiro de 1902 Bouzas, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 27 de xullo de 1983 (81 anos) Bouzas, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | armador, futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Antonio Gestoso Costas |
Manuel Gestoso Costas, máis coñecido como Chicha, nado en Bouzas, Vigo en 1902, e finado na mesma cidade o 27 de xullo de 1983, foi un futbolista e armador de pesca galego.
Xogaba na demarcación de dianteiro e era irmán do tamén futbolista do Celta de Vigo Antonio, ao que se coñeceu como Chicha II.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fichou polo recentemente creado Celta de Vigo, froito da fusión do Fortuna de Vigo e o Vigo Sporting, en 1924 procedente do Rápido de Bouzas.
Comezou a despuntar xa na súa primeira tempada no club celeste, destacando un encontro amigábel ante o Sporting de Gijón que remataría con vitoria viguesa por 8-1, con tres goles de Chicha e catro de Ramón Polo. Ese primeiro ano o club gañaría o seu primeiro trofeo, o Campionato de Galicia de fútbol. Ao longo da súa carreira no Celta gañaría este trofeo catro veces (1924, 1925, 1926 e 1930).
O 30 de decembro de 1928 tivo tamén a honra de participar e anotar no encontro de inauguración do Estadio Municipal de Balaídos ante o Real Unión de Irún, que rematou con vitoria celeste por 7-0.[1]
Finalmente retiraríase do fútbol profesional ao remate da tempada 1929/30, primeira do fútbol profesional moderno e na que o Celta se viu encadrado na Segunda División, pese aos bos resultados que lle daban dereito a facelo na máxima categoría. Entre estes méritos están o subcampionato da Copa do Rei acadado no ano 1908 polo Vigo Foot-ball Club, antecesor do Real Vigo Sporting Club.
1930 rematou non só co non ascenso a Primeira División senón co descenso a Terceira.
Unha vez retirado do fútbol converteuse en armador de buques de pesca en Bouzas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Stadium de Balaídos. Partido de inauguración". El Compostelano (en castelán). 31 de decembro de 1928. p. 2. Consultado o 18 de xaneiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Txema Ereaga (2 de decembro de 2012). "Chicha I: Un delantero como un barco de grande". Fame Celeste (en castelán).